Rexión de Tubinga
A Rexión de Tubinga (en alemán Regierungsbezirk Tübingen) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao suroeste do Land. A súa capital é a cidade de Tubinga.
Rexión de Tubinga Regierungsbezirk Tübingen | |
---|---|
Situación xeográfica | |
![]() ![]() | |
País: | ![]() |
Estado: | ![]() |
Capital: | Tubinga |
Xeografía | |
Superficie: | 8.917,82 km² |
Poboación | |
Poboación: | 1.808.388 (2008) |
Densidade: | 203 hab./km² |
Información | |
Presidente: | Hermann Strampfer |
Sitio na web: | Rexión de Tubinga |
Principais cidades: | Balingen Ulm Reutlingen |
Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Neckar-Alb, Donau-Iller e Bodensee-Oberschwaben.
Ten unha área de 8.917,82 km² e unha poboación de 1.808.388 habitantes (2008).
XeografíaEditar
A rexión de Friburgo atópase ao sueste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Südwürttemberg-Hohenzollern.
Limita ao sur co Lago Constanza, ao oeste coas rexións de Friburgo e Karlsruhe, ao norte coa Rexión de Stuttgart e ao leste con Baviera. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973.
Kreise (distritos) |
Kreisfreie Städte (cidades independentes) |
---|---|
PolíticaEditar
Os presidentes da rexión de Tubinga, dende 1973, foron:
- 1973–1975: Hans-Jörg Mauser
- 1975–1997: Max Gögler
- 1997–2006: Hubert Wicker
- 2006–2015: Hermann Strampfer
- 2015–2016: Jörg Schmidt
- 2016–...: Klaus Tappeser
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Web oficial (en alemán)