Artigo científico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un artigo científico (coñecido polo anglicismo paper polos investigadores) é un traballo de investigación relativamente breve destinado á súa publicación en revistas especializadas.
Debe estar coidadosamente redactado para evitar cambios de tema innecesarios, para lograr expresar dun modo claro e sintético o que se pretende comunicar, e para que inclúa as citas e referencias indispensábeis.
En moitas ocasións os artigos científicos son sínteses de informes ou teses de maior envergadura, que orientan a quen poida estar interesado en consultar a obra orixinal.
Ás veces a palabra inglesa paper posúe unha acepción algo máis ampla, pois inclúe tamén aos relatorios.
Estrutura típica
editarOs artigos que se encontran nas revistas científicas, seguen o esquema IMRAD (Introduction, Methods and Materials, Results e Discussion — Introdución, Materiais e métodos, Resultados e Discusión), que foi establecido polo ICMJE (International Comitee of Medical Journals Editors — Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas).
O artigo científico é un texto de carácter académico que exixe o cumprimento de normas específicas tanto na súa estrutura xeral como no seu contido. Estes aspectos fundamentais están determinados polo tipo de lectores e polo medio de divulgación. Cobre unha extensa variedade de temas relacionados coa investigación nas diversas disciplinas do coñecemento. Así o uso do vocabulario especializado e o ton formal en que se escribe facilitan o acceso á información e, por conseguinte, a súa compresión.
Resumo
editarO resumo (coñecido tamén co termo inglés abstract) aparece inmediatamente despois do título do artigo, e redactado en tres ou, polo menos, dous idiomas: aquel no que está escrito o artigo, e en inglés.
Presenta:
- o contexto do estudo
- o propósito do estudo
- os procedementos básicos (selección de suxeitos do estudo ou animais de laboratorio, os métodos observacionais ou analíticos etc.)
- os descubrimentos principais (dando tamaños específicos dos efectos e a súa importancia estatística, se for posíbel)
- as conclusións principais.
Debe salientar os aspectos novos ou importantes do estudo ou das observacións.
En sitios de busca (como PubMed) ou en revistas con licenzas, o resumo é o único que se mostra dun artigo científico.
Introdución
editarA introdución presenta o tema a tratar no artigo e adoita responder á pregunta do por que se realizou o estudo. Adoita non ter máis de dous prágrafos e ás veces inclúe un compendio das últimas pescudas no tema.
Características xerais
- 1. Permite a flexibilidade e variedade temática, de igual maneira parte dunha análise descritiva sobre temas históricos, teóricos, científicos, políticos, culturais, económicos e sociais de actualidade.
- 2. Insinúase que a redacción do artigo debe partir de feitos concretos e non de reflexións de tipo filosófico ou consideracións xerais do asunto a tratar.
- 3. Traballa e analiza directamente sobre feitos que non teñen outra finalidade rigorosa que a de informar sen ter que transmitir datos puntuais. A través da persuasión e a sedución, o articulista describe os acontecementos máis ou menos actuais.
Métodos e materiais
editarA sección de métodos só debe incluír a información que estaba dispoñíbel no momento en que se escribiu o plan ou protocolo do estudo.
Calquera información que se conseguiu durante o estudo debe consignarse na sección de Resultados.
Notas
editar- ↑ Lutz Bornmann & Ruediger Mutz (2014): "Growth rates of modern science: A bibliometric analysis based on the number of publications and cited references"
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bailey, Stephen (2006): Academic Writing. A Handbook for International Students. Routledge. ISBN 978-0-4153-8420-9.
- Castedo Valls, J. (2007): Buen uso del idioma en las publicaciones científicas y los informes clínicos. Madrid: HM. ISBN 978-84-6119-724-8.
- Jordan R. (1999): Academic Writing Course, Longman, ISBN 0-5824-0019-8.
- Silvia, Paul J. (2007): How to Write a Lot: A Practical Guide to Productive Academic Writing. ISBN 978-1-5914-7743-3
- Swales, John M. & Feak Christine, B. (2004): Academic Writing for Graduate Students - Commentary: Essential Tasks and Skills ISBN 0-4720-8856-4.
- Weissberg, Robert & Buker, Suzanne (1990): Writing Up Research: Experimental Research Report Writing for Students of English. ISBN 0-1397-0831-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- RevistasCSIC.es (edición electrónica de acceso libre (Open Access) das revistas científicas editadas polo CSIC. Abarcan diversos campos do coñecemento científico dentro das ciencias experimentais, sociais e humanas). (en castelán)
- PNAS.org (folleto das Actas da Academia Nacional de Ciencias de EE. UU.; presenta unha visión xeral do que fai esta revista). (en castelán).
- ICMJE.org International Comitee of Medical Journals Editors (Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas). (en inglés)
- InglesLaboral.com (como comprender e redactar artigos médicos en inglés). (en castelán)