Filamento (botánica)

En botánica, denomínase filamento á parte basal estéril dun estame, como norma xeral de forma filamentosa, que se sitúa por baixo da antera e a sostén. Varía moito de forma e tamaño, dependendo da familia: pode ser laminar, como en certas familias primitivas (p. ex. Degeneriaceae), estar dividido (p. ex., en certas especies do xénero Allium ou presentar apéndices de forma variable. O filamento presenta un feixe fibrovascular a todo o longo, rodeado de parénquima e cuberto por epiderme. Se o filamento é imperceptible ou falta, dise que a antera é sésil.

Antera seccionada. 1: Fiamento; 2: Teca; 3: Conectivo (vasos en vermello); 4: Saco polínico (esporanxio)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965. Tratado de Botánica. Editorial Labor S.A., Barcelona, 2ª edición, p. 1.110.
  • Font Quer, P. 1953. Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.
  • Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. Omega, Barcelona, 8ª edición, p. 1.088.