Gentianales

orde de plantas con flor
Gentianales

Gentiana cruciata
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas (clado)
(sen clasif.): Eudicots (clado)
Astéridas (clado)
Lámidas (clado)
Orde: Gentianales
Juss. ex Bercht. & J.Presl
Familias
Sinonimia

Gentianales é unha orde de plantas con flor, incluídas dentro do clado das astéridas das eudicots. Comprende máis de 16 000 especies nuns 1 138 xéneros e 5 familias.[1] A familia máis grande é a das rubiáceas, á que pertencen máis do 80% das especies da orde. Plantas coñecidas da orde son a cafeeira, quina, gardenia, xanzá, loendro (Nerium oleander) e Vinca.

Descrición

editar

Entre as características das Gentianales está a presenza dun só verticilo de estames, inseridos sobre a corola, e no conxunto da flor hai 4 verticilos. Son gamopétalas tetracíclicas. O xineceo é súpero pero reducido a dous carpelos como en moitas gamopétalas evolucionadas. O estilo do pistilo é sempre único pero os ovarios, xeralmente soldados, están libres nas dúas familias das Asclepiadaceae e Apocynaceae.

Taxonomía

editar

No sistema de clasificación de Dahlgren as Gentiales estaban encadradas na superorde Gentianiflorae (tamén chamada Gentiananae).

Na clasificación clásica de Cronquist (1981) a orde comprende seis familias:

Segundo o sistema APG III na orde están incluídas as seguintes familias:[1]

Filoxenia

editar

A seguinte árbore filoxenética está baseada en estudos de filoxenia molecular de secuencias de ADN.[2]

Gentianales

Rubiaceae

Gentianaceae

Loganiaceae

Apocynaceae

Gelsemiaceae

  1. 1,0 1,1 Angiosperm Phylogeny Group (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 105–121. doi:10.1111/j.1095-8339.2009.00996.x. 
  2. Backlund M, Oxelman B, Bremer B (2000). "Phylogenetic relationships within the Gentianales based on NDHF and RBCL sequences, with particular reference to the Loganiaceae". American Journal of Botany 87: 1029–1043. doi:10.2307/2657003.