Abrir o menú principal

Xanzás (xénero Gentiana)
(Gentiana verna)
(Gentiana verna)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Gentianales
Familia: Gentianaceae
Tribo: Gentianeae
Xénero: Gentiana L.
Especies

Véxase no texto

As xanzás son plantas pertencentes ao xénero Gentiana, integrado na familia Gentianaceae. É un xénero grande con arredor de 400 especies.

É un xénero cosmopolita que se distribúe polas rexións temperadas de Asia, Europa e América. Atópanse tamén algunhas especies en África, Australia e Nova Zelandia. En Galiza aparecen distintas variedades da especie Gentiana lutea (xanzá amarela), con flores que van dende cores amarelas até arroibadas.

Índice

DescriciónEditar

Son plantas perennes anuais ou bienais. A maioría con rosetón básico. As flores con forma de trompeta son xeralmente azuis, mais pode variar a branco, crema, amarelo ou encarnado. As especies de flores azuis predominan no hemisferio norte, o vermello nos Andes, as brancas en Nova Zelandia. Son flores tubulares con cinco pétalos (corola) e cinco sépalos (nunha especie ten 4-7). O ovario é sésil e ten glándulas nectíferas.

EtimoloxíaEditar

Segundo Plinio o Vello[1] e Dioscórides,[2] o seu nome deriva do de Xentio (Genthius), rei de Iliria no século II a. C., a quen se atribuía o descubrimento do valor curativo da Gentiana lutea (xanzá amarela).

EspeciesEditar

 
Gentiana amarella
 
Gentiana lutea
 
Gentiana pneumonanthe
 
Gentiana asclepiadea

SinónimosEditar

  • Calathiana Delarbre.
  • Ciminalis Adans.
  • Dasystephana Adans
  • Ericoila Borkh.
  • Hippion Schmidt.

NotasEditar

  1. Plinio o Velloo: Historia natural XXV, 34 Arquivado 02 de outubro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés).
  2. Dioscórides: De materia medica III, 3 (en grego e latín).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar