Lamiáceas
Lamiáceas (Lamiaceae) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un exemplo de labiada é a sarxa (Salvia officinalis), ilustración en Köhler's Medicinal Plants, 1897 | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilia-Xénero | |||||||||||
|
As lamiáceas (familia Lamiaceae) tamén chamadas de labiadas[1] en xeral, toma o nome do xénero Lamium igual que aborde á que pertence: Lamiales. Contén uns 210 xéneros e unhas 3.500 especies. O seu nome foi substituído pot Lamiaceae debido ao xénero tipo da familia: Lamium. Entre os seus representantes salientan plantas aromáticas coma a menta, a sarxa, a seixebra, o cantroxo, o ourego, o tomiño, a alfábega ou o romeu.
Características
editarAdoitan ser plantas aromáticas e ricas en aceites esenciais. A maioría son arbustos e raramente árbores ou lianas. O nome antigo desta familia (Labiadas) era debido á forma da flor (xeralmente violada), 5 pétalos fusionados que forman un labio superior, xeralmente bilobulado e máis curto, e un labio inferior, trilobulado, os 5 sépalos tamén están unidos. As flores son bisexuadas e xorden en grupos terminais de 5 o 6 floriñas cada un. Tipicamente os talos son cuadrangulares con follas aovadas, opostas e decusadas.
Subfamilias
editarA familia das Lamiáceas está formada por 10 subfamilias:
Xéneros
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para labiado.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lamiáceas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lamiáceas |
Ligazóns externas
editar- Lamiaceae Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. en: L. Watson i M.J. Dallwitz (a partir de 1992). The families of flowering plants: descriptions, illustrations, identification, information retrieval Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.. (en inglés)