Hortelá

(Redirección desde «Mentha spicata»)

A hortelá[1], Mentha spicata (Crantz , sinónimo M. viridis (L.) L.), é unha especie do xénero Mentha, unha herba aromática moi empregada en gastronomía e perfumería polo seu recendo intenso e fresco.

Descrición editar

Acada os 30 cm de altura. As follas danlle o seu nome científico pola súa forma lanceolada (spica significa "lanza" en latín); son moi aromáticas, serradas, glabras, pilosas polo envés. As flores posúen un cáliz con cinco sépalos aproximadamente iguais e gorxa glabra. A corola é lila, rosa ou branca, e moi glandulosa, de até 3 mm de longo. As raíces son extensas e invasivas.

 
Inflorescencia.

Hábitat editar

A planta medra con facilidade en calquera clima temperado; pode aturar o sol, aínda que prefire a media sombra, e benefíciaa o solo arxiloso. Hibrida con facilidade con outras especies de Mentha, dando lugar á menta común (Mentha × piperita) e ao mentrasre (Mentha × villosa).

Historia editar

O uso medicinal da hortelá é vello, como o demostra a súa presenza na Capitulare de villis vel curtis imperii, unha orde emitida por Carlomagno que reclama ás súas leiras para cultivaren unha serie de herbas e condimentos incluíndo "mentam" identificada actualmente como Mentha spicata.

 
Vista da planta.

Usos editar

Medicinais editar

Ten propiedades antiespasmódicas, é carminativo, antiséptico, analxésico, antiinflamatorio e estimulante.

O xeito máis común de usar a hortelá é facendo infusión coas súas follas. Desta forma axúdase a tratar os problemas de indixestión, gases intestinais e as inflamacións do fígado, actúa sobre a vesícula biliar xa que activa a produción da bile, ademais alivia os mareos e as dores.

 
Ilustración.

Contén mentol como principal compoñente activo, podendo actuar directamente sobre os nervios que transmiten a sensación dolorosa, amortecendo así tal sensación. Tamén contén mentona, felandreno e limoneno.

Estudos recentes amosaron que a infusión de hortelá pode ser usada como un tratamento leve de hirsutismo nas mulleres. As súas propiedades antiandroxénicas reducen o nivel de testosterona no sangue.[2]

 
En vaso.

No seu uso tópico, o aceite de hortelá ten acción relaxante e actúa como antiirritante e analxésico con capacidade de reducir a dor e de mellorar o fluxo do sangue á área afectada.

Ao mesturar a infusión con aceite de oliva obtense un excelente ungüento que pode ser usado en compresas para sandar as queimaduras e como calmante de cambras musculares, ou como lubrificante.

Gastronómicos editar

A hortelá consómese como bebida en infusión, elaborada con 5 a 6 ml de auga a uns 80 °C. Emprégase coma herba aromática, sendo un dos aromas utilizados para caramelos, gomas de mascar, xeados e outras preparacións de repostaría aromatizadas con menta. Úsase para adubar ensaladas, sopas, carnes de caza e de año. As follas de Mentha spicata ou hortelá verde tamén se utilizan para realizar un dos cócteles máis populares, o mojito cubano e para aromatizar pratos como o puchero de Andalucía. A infusión de té con hortelá é o coñecido coma té mouro, típico do norte de África.

Taxonomía editar

Mentha spicata foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 576. 1753.[3]

Variedades e sinonimia editar

 
No seu hábitat.

subsp. condensata (Briq.) Greuter & Burdet, Willdenowia 14: 301 (1984 publ. 1985). Da rexión do Mediterráneo.

  • Mentha tomentosa subsp. condensata Briq., Bull. Trav. Soc. Bot. Genève 5: 97 (1889).
  • Mentha microphylla var. condensata (Briq.) Briq. in H.G.A.Engler & K.A.E.Prantl, Nat. Pflanzenfam. 4(3a): 322 (1897).
  • Mentha chalepensis Mill., Gard. Dict. ed. 8: 10 (1768).
  • Mentha tomentosa d'Urv., Mém. Soc. Linn. París 1: 323 (1822), nom. illeg.
  • Mentha microphylla K.Koch, Linnaea 21: 648 (1849).
  • Mentha sieberi K.Koch, Linnaea 21: 649 (1849), sinonimia provisional.
  • Mentha derelicta Déségl., Bull. Soc. Études Sci. Angers 8-9: 244 (1880).
  • Mentha subsessilis Borbás, Oesterr. Bot. Z. 30: 20 (1880).
  • Mentha sofiana Trautm., Bot. Közlem. 29: 111 (1932).
  • Mentha sofiana subsp. kickxiifolia Trautm., Bot. Közlem. 29: 112 (1932).

subsp. spicata. De Europa ata China.

  • Mentha crispa L., Sp. Pl.: 576 (1753).
  • Mentha viridis (L.) L., Sp. Pl. ed. 2: 804 (1763).
  • Mentha romana Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 378 (1764), opus utique oppr.
  • Mentha glabra Mill., Gard. Dict. ed. 8: 2 (1768).
  • Mentha tenuis Michx., Fl. Bor.-Amer. 2: 2 (1803).
  • Mentha crispata Schrad. ex Willd., Enum. Pl.: 608 (1809).
  • Mentha laevigata Willd., Enum. Pl.: 609 (1809).
  • Mentha undulata Willd., Enum. Pl.: 608 (1809).
  • Mentha ocymiodora Opiz, Naturalientausch 4: 21 (1823).
  • Mentha walteriana Opiz, Naturalientausch 9: 132 (1825).
  • Mentha rosanii Ten., Fl. Neapol. Prodr. App. 5: 18 (1826).
  • Mentha tenuiflora Opiz, Naturalientausch 11: 438 (1826).
  • Mentha brevispicata Lehm., Index Seminum (HBG) 1828: 16 (1828).
  • Mentha hortensis Opiz ex Fresen., Syll. Pl. Nov. 2: 227 (1828).
  • Mentha pudina Buch.-Ham. ex Benth. in Wall, Pl. Asiat. Rar. 1: 29 (1830).
  • Mentha balsamea Rchb., Fl. Germ. Excurs.: 309 (1831), nom. illeg.
  • Mentha cordato-ovata Opiz, Naturalientausch 1831: 61 (1831).
  • Mentha lacerata Opiz, Naturalientausch 1831: 60 (1831).
  • Mentha lejeuneana Opiz, Nomencl. Bot.: 69 (1831).
  • Mentha lejeunii Opiz ex Rchb., Fl. Germ. Excurs.: 309 (1831).
  • Mentha tenuifolia Opiz ex Rchb., Fl. Germ. Excurs.: 309 (1831).
  • Mentha michelii Ten. ex Rchb., Iconogr. Bot. Pl. Crit. 10: 27 (1832).
  • Mentha pectinata Raf., Autik. Bot.: 113 (1840).
  • Mentha inarimensis Guss., Enum. Pl. Inarim.: 255 (1855).
  • Mentha atrata Schur, Enum. Pl. Transsilv.: 516 (1866).
  • Mentha laciniosa Schur, Enum. Pl. Transsilv.: 515 (1866).
  • Mentha piperella (Lej. & Courtois) Opiz ex Lej. & Courtois, Bull. Soc. Roy. Bot. Belgique 26: 86 (1887).
  • Mentha sepincola Holuby, Pfl. Trenesiner Comit.: 74 (1888).
  • Mentha tauschii Heinr.Braun in J.Holuby, Pfl. Trenesiner Comit.: 74 (1888).
  • Mentha rubicunda Heinr.Braun & Topitz, Deutsche Bot. Monatsschr. 13: 147 (1895).
  • Mentha romana Bubani, Fl. Pyren. 1: 385 (1897).
  • Mentha integerrima Mattei & Lojac., Boll. Reale Orto Bot. Palermo 7: 72 (1908).[4]

Notas editar

  1. Nome vulgar en galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración Arquivado 11 de abril de 2016 en Wayback Machine., Universidade de Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. http://news.bbc.co.uk/2/hi/health/6376599.stm Tea 'controls female facial hair growth'
  3. "Mentha spicata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de agosto de 2014. 
  4. "Hortelá". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  • Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
  • Crespo, S. 1979. Labiatae. 5: 294–346. In A. E. Burkart (ed.) Fl. Il. Entre Ríos. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria, Bos Aires.
  • Cronquist, A.J., A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren. 1984. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A. 4: 1–573. In A.J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York.
  • Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  • Flora of China Editorial Committee. 1994. Flora of China (Verbenaceae through Solanaceae). 17: 1–378. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing e San Luís.
  • Flora of China Editorial Committee. 1996. Flora of China (Myrsinaceae through Loganiaceae). 15: 1–387. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing e San Luís.
  • Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Río de Xaneiro.