Estimulantes

(Redirección desde «Estimulante»)

Un estimulante (do verbo latino stimulāre) ou psicoestimulante ou psicotónico é, en termos xerais, unha droga que aumenta os niveis de actividade motriz e cognitiva, reforza a vixilia, o estado de alerta e a atención e, frecuentemente, ten potencial euforizante.

Inicialmente, ser humano descubriu os estimulantes na natureza, pois atopábanse (o igual que agora) profusamente distribuídos en distintas especies vexetais. Dende entón, estes teñen coexistido co noso xénero, forxando hábitos e crenzas profundamente arraigados en todas as culturas.

A partir do século XIX, sumáronse a esta clase farmacolóxica as moléculas illadas do substrato vexetal (fundamentalmente alcaloides) e, máis tarde, aquelas que xurdiron como produto exclusivo de reaccións químicas ensaiadas polos ser humano, é dicir, as variantes sintéticas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.