Menta
Mentas (xénero Mentha) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mentha spicata | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
A menta[2] é calquera herba comestíbel pertencente ao xénero Mentha apreciada polo seu aroma refrescante e emprégase na cociña, na industria de produtos bucais e alimenticia en xeral. O consumo desta herba ou dos seus derivados produce unha sensación de frío na boca e as vías respiratorias. O seu aroma estimula o apetito.
A destilación da menta produce un aceite rico en menthol, substancia de valor comercial e moi utilizado na produción de alimentos (especialmente lambonadas), locións para afeitar, produtos bucais, perfumes etc.
Existe unha variedade de especies diferentes desta herba, como por exemplo:
- Menta común, hortelá común, menta de pementa, (Mentha piperita), que é a máis empregada para fins alimenticios;
- Hortelá, hortelá, (Menta spicata, Mentha viridis);
- Menta brava, hortelá brava (Mentha arvensis);
- Mentraste (Mentha suaveolens);
- Menta do cabalo, menta silvestre (Mentha longifolia);
- Poexo (Mentha pulegium);
- Menta de auga[3] (Mentha aquatica).
Especies
editar- Mentha aquatica
- Mentha arvensis, menta brava, hortelá brava.
- Mentha arvensis var. sachalinensis
- Mentha canadensis (sinónimo M. arvensis var. canadensis)
- Mentha asiatica
- Mentha australis
- Mentha cervina
- Mentha citrata (sinónimo M. odorata)
- Mentha crispata
- Mentha cunninghamii
- Mentha dahurica
- Mentha diemenica
- Mentha gattefossei
- Mentha grandiflora
- Mentha haplocalyx
- Mentha japonica
- Mentha kopetdaghensis
- Mentha laxiflora
- Mentha longifolia
- Mentha pulegium, poexo
- Mentha requienii
- Mentha sachalinensis
- Mentha satureioides
- Mentha spicata (sinónimo M. viridis), hortelá verde.
- Mentha suaveolens (sinónimo M. rotundifolia)
- Mentha vagans
Híbridos
editarHíbridos recoñecidos que se poden xerar polo cruzamento dalgunhas das especies:
- Mentha × dalmatica (M. arvensis × M. longifolia)
- Mentha × dumetorum (M. aquatica × M. longifolia)
- Mentha × gracilis (M. arvensis × M. spicata) -
- Mentha × maximilianea (M. aquatica × M. suaveolens)
- Mentha × muelleriana (M. arvensis × M. suaveolens)
- Mentha × piperita (M. aquatica × M. spicata)
- Mentha × rotundifolia (M. longifolia × M. suaveolens)
- Mentha x smithiana (M. aquatica × M. arvensis × M. spicata)
- Mentha × verticillata (M. arvensis × M. aquatica)
- Mentha × villosa (M. spicata × M. suaveolens; sin. M. cordifolia)
- Mentha x villosonervata (M. longifolia × M. spicata).
Usos Culinarios
editarA menta emprégase principalmente en pratos doces e en repostaría, pero tamén se utiliza en pratos salgados. A parte utilizada desta planta é a folla, seca ou natural, que poden ser utilizadas directamente ou tras destilarse, en forma do aceite de menta.
Uso cosmético e medicinal
editarEfectiva en cosméticos cutáneos vigorizantes e tonificantes. Ten un efecto calmante en pernas e pés. Estimula a circulación e o sistema respiratorio. Baixa a febre, alivia mareos e náuseas. Debido ó seu alto contido en mentol alivia a fatiga mental, a tensión nerviosa e mellora a concentración. A infusión de menta é un potente diurético. Tamén axuda a facer a dixestión. Utilízase en produtos para despois de tomar o sol, enxaugaduras bucais, xampús anticaspa, locións e talco para pés.
Insecticida
editarÉ un repelente natural de insectos.
Etnografía
editarEladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano[4], recolle o refrán a seguir, sobre as propiedades medicinais da menta:
Non sei que tèn a menta, que nunca mal senta.
Notas
editar- ↑ "Menta". Real Jardín Botánico de Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010.
- ↑ Nome vulgar galego recollido en varias fontes: Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. Tamén en http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=hortel%E1&tipo_busca=lema
- ↑ Nome vulgar en galego en Guía de plantas medicinais de Galicia. Vigo, Galaxia, 1996 e "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
- ↑ Diccionario enciclopédico gallego-castellano(1958-1961), Galaxia, Vigo