As náuseas preséntanse como unha situación de malestar no estómago, asociada á sensación de ter necesidade de vomitar (aínda que decote o vómito non se chega a producir). Trátase, xa que logo, a sensación que indica a proximidade do vómito e esforzos que acompañan á necesidade de vomitar.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Control e tratamento

editar

Cando as náuseas se suceden con frecuencia é necesario investigar a súa orixe, a fin de poder aplicar un tratamento axeitado. Se as náuseas se acompañan de vómitos pode ser necesario rehidratar o paciente e controlar o seu nivel de electrólitos. As náuseas poden mellorar evitando alimentos sólidos mentres duren e farmacoloxicamente empregando antieméticos.