En medicina e en farmacia, o termo antiinflamatorio aplícase ao medicamento ou ao procedrmento médico usados para previr ou diminuír a inflamación dos tecidos.[1]

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Vello anuncio de aspirina, antiinflamatorio non esteroideo, nunha farmacia de Tui.

Medicamentos antiinflamatorios editar

No caso dos medicamentos, o mecanismo polo cal actúan xeralmente é o de impedir ou inhibir a biosíntese dos seus axentes mediadores, principalmente os denominados eicosanoides ou derivados do ácido araquidónico.[2]

Hai dous grandes grupos de fármacos antiinflamatorios: esteroideos e non esteroideos. Tamén existe o grupo de fármacos antirreumatoides modificadores da enfermidade (FARME) e algúns outros fármacos con propiedades antiinflamatorias leves, como certos antihistamínicos e os usados para o tratamento da gota, aínda que non son estritamente antiinflamatorios.[3]

Procedementos antiinflamatorios editar

Os procedementos antiinflamatorios son en xeral medidas físicas, como repouso e inmobilización, hipotermia ou crioterapia localizada, elevación e compresión da extremidade afectada, e que xeralmente se recomendan aplicar en forma primaria e inmediata. Son de uso moi común para tratamentos de lesións en deportistas.[4]

Notas editar

  1. antiinflamatorio no Dicionario da RAG.
  2. Dawson, James S.; Magali N. F. Taylor & Peter J. W. Reide (2003): Lo esencial en farmacología. 2ª ed. Madrid: Editorial Elsevier España. ISBN 978-84-8174-694-5.
  3. Rang, H. P. & M. M. Dale (2008): Farmacología. Madrid: Editorial Elsevier España. ISBN 978-84-8086-303-2.
  4. Bravo Díaz, Luis & Elisa Marhuenda Requena (2005): Manual de farmacoterapia. Madrid: Editorial Elsevier España. ISBN 978-84-8174-764-5.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.