Unha infusión é unha bebida obtida somerxendo unha substancia vexetal nun líquido moi quente co fin de extraer algún dos seus compoñentes solúbeis[1]. A infusión prepárase vertendo auga a punto de ferver nunha cunca que conteña as follas secas, partes das flores ou dos froitos de diversas herbas aromáticas,[2]

Follas e infusión do té keemon
Mate

Historia editar

O café entrou na nosa historia a través do mundo árabe. Disque as tribos nómades de Etiopía e Arabia, onde a cafeeira medra brava, consumíano, aínda que non o tomaban a xeito de bebida, senón que esmagaban o gran e o mesturaban con graxa, formando unhas bólas que ían comendo.

As infusións máis comúns a nivel mundial son: o café, o , o mate, a macela, a tila e a orchata de chufa.

Hoxe en día atopamos nos supermercados galegos gran variedade de infusións, que se venden con diferentes fins. Con todo as máis comúns en Galiza son o café, o , a macela, a tila, o poexo e a herba luísa.

Acepción en física editar

En física, denomínase así á acción de extraer dun produto, mestura ou solución (tanto como ao produto extraído) as partes solúbeis en auga a unha temperatura maior á ambiente, e menor á de fervura.

Acepción en medicina editar

Unha infusión é unha disolución cuxo obxectivo clínico próximo consiste en ser incectada nalgún compartimento corporal, xeralmente o torrente circulatorio venoso, en cuxo caso se denomina infusión intravenosa (IV) ou endovenosa (EV). Porén, no caso de que o compartimento fose a luz do tubo dixestivo e esa infusión fose introducida pola boca, tal infusión débese denominar infusión oral, por exemplo, unha infusión de té.

Ordinariamente as infusiones son disolucións acuosas dalgún soluto, é dicir, o resultado de diluír un soluto en auga mais sen que esta conteña soluto sobrenadando, depositado no fondo do recipiente ou flotando nalgún punto da masa de disolvente. O soluto será sempre a shustancia que vai ser disolta no diluínte. Son posíbeis disolucións con disolventes distintos á auga, por exemplo, alcol ou algún líquido oleoso e o soluto pode ser materia sólida como, por exemplo, o sal común, gasoso como, por exemplo, anhídrido carbónico inxectado a presión ou unha substancia líquida como, por exemplo, o ácido acético.

Plantas que se beben en infusión editar

 
Herba luísa, é común en infusión.
 
Flor de camomila, bébese en infusión (macela).
 
Carqueixa, bébese coma infusión medicinal en Galiza.

Notas editar

  1. Definición en Portal das Palabras da RAG- http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=Infusion&sinom=0&homonimo= Arquivado 28 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
  2. "Como preparar un bo té". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar