Rooibos
Rooibos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Aspalathus linearis' (N.L.Burm.)R.Dahlgren | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
O rooibos (nome científico Aspalathus linearis) é unha planta de orixe surafricana, que se pronuncia «roibos» (/ˈrɔɪbɒs/) en afrikaans e que significa arbusto vermello. É moi popular debido ao uso que se fai das súas follas en preparacións como infusións, e tamén se lle chama té rooibos (té vermello surafricano, que non debe confundirse co té vermello pu-ehr), aínda que na realidade non procede da planta do té.
Características
editarAspalathus linearis é unha especie polimórfica que cando crece de forma salvaxe pode ter diferentes características dependendo da rexión onde se reproduza. Algunhas variedades poden chegar a medir 30 cm de altura, mentres que outras chegan aos 2 metros. As variedades dedicadas ao cultivo do "té vermello" adoitan ser de tamaño medio de 1,5 metros de altura. A planta posúe unhas flores amarelas pequenas que florecen a finais da primavera ou cerca do comezo do caloroso verán.[1] Cada flor produce unha froita leguminosa. A planta do rooibos adaptouse a un solo pobre en nutrientes e cunhas condicións climáticas calorosas en extremo. A planta cultívase no verán, que na latitude de Suráfrica coincide co mes de xaneiro. Non contén Teofilina nin Cafeína.
Produción
editarA planta do rooibos (familia dos legumes) cultívase soamente na rexión de Cederberg incluída na provincia Occidental do Cabo.[2][3] Inclúe unha gran familia que alcanza máis de 200 variedades.[4] As follas da árbore déixanse oxidar ao sol e popularmente considérase este proceso como unha fermentación (mais non se trata tecnicamente dunha fermentación, e denomínase así para facer unha equivalencia coa produción do té). Este proceso oxidativo é o que lle proporciona á planta o sabor e a cor 'vermella' característica. Existe igualmente unha produción non "fermentada" (isto é, non oxidada) que se denomina rooibos verde (pretendendo facer unha denominación similar co té verde), variedade que se comercializa a un prezo maior e que posúe unha cor amarela característica. Esta variedade 'non fermentada' posúe unha gran cantidade de polifenois antioxidantes. O comezo do consumo de rooibos comezou no século XVII.[5]
Usos
editarA popularización desta planta é bastante recente. O botánico Carl Thunberg clasificou por vez primeira o rooibos en 1772; mais foi o Dr. Nortier, médico e botánico, a primeira persoa que o estudou en profundidade. Ademais de contrastar as súas propiedades medicinais tamén experimentou o seu cultivo, xa que era unha planta silvestre que crecía principalmente nas montañas Cederberg. Hoxe en día xa a podemos encontrar en máis de 140 países do mundo.[2] En Suráfrica é habitual que o rooibos se tome mesturado con leite e azucre.
A preparación deste "té vermello surafricano" pode levar máis de cinco minutos de preparación da infusión, o que deixa unha bebida de cor vermella (ás veces tirando a pardo). Nalgunhas tendas de Suráfrica comercializase unha variedade denominada rooibos espresso que se elabora de forma similar ao café expreso.
Propiedades
editarCo rooibos pódese elaborar unha infusión avermellada de sabor moi agradábel que recorda algo o gusto das noces, é lixeiramente doce (non ten azucre, pero o seu sabor parece recordalo) e non posúe cafeína nin alcaloides semellantes. Por tanto, poden tomala tanto nenos como xente nerviosa ou con hipertensión.[6] Emprégase no tratamento das alerxias, xa que actúa como un antihistamínico natural suave e sen chegar a producir somnolencia [Cómpre referencia]. Nalgúns casos realizáronse investigacións acerca de inhibición de tumores en laboratorio[7] así como efectos antimutaxénicos.[8]
Algunhas das propiedades, probadas e populares da infusión do rooibos son:
- Trastornos dixestivos e intestinais: é unha planta da que se cre popularmente que posúe efectos beneficiosos ante a diarrea, estrinximento, gastrite, dores de estómago, vómitos ou náuseas. Non existen evidencias científicas que apoien esta afirmación.
- Efectos sobre a dentadura: o seu contido en calcio, magnesio e sobre todo flúor fan do rooibos unha planta ideal para a dentadura.
- Efecto antioxidante e contra os radicais libres:posúe nutrientes antioxidantes como a vitamina C, os flavonoides, o superóxido dismutasa (SOD) e a quercitina, os cales axudan a combater os radicais libres que son os principais responsábeis do proceso de envellecemento, do estrés metabólico e de moitas enfermidades.[6][8]
- Bebida deportiva: o efecto antioxidante e os seus minerais converten o rooibos nunha bebida deportiva que axuda a repor os sales eliminados durante o exercicio. Por tanto, axuda a combater a acidez que causa o exercicio excesivo.
- Coidado cos Problemas da pel: a maioría dos problemas cutáneos como psoríase, eccemas, comechóns, costras, dermatite do cueiro, irritacións, alerxias e urticarias adoitan mellorar ao tomar esta bebida. O seu carácter antioxidante é o responsábel.[9]
- Efecto mineralizante: proporciona algúns minerais como potasio, calcio, ferro, magnesio e zinc. Ao ter poucos taninos —os cales poden dificultar a metabolización do ferro e as proteínas—, o rooibos favorece a nutrición xeral do organismo e a saúde.
- Alivio de espasmos e cólicos infantís: posúe propiedades antiespasmódicas, pois demostrouse a súa utilidade para aliviar os habituais cólicos infantís. A variada composición en minerais supón un complemento ideal á dieta infantil.
- Equilibrio do sistema nervioso: considerase unha bebida que non é excitante, xa que non contén cafeína, e por outra banda é rico en minerais como o magnesio, de grande importancia para o sistema nervioso.
Notas
editar- ↑ "Medicinal Plants of South Africa". Van Wyk B-E, Van Oudtshoorn B, Gericke N.; Briza Publications, Pretoria, South Africa. 1998. 304 p.
- ↑ 2,0 2,1 "Rooibos, el té rojo de Suráfrica", Jörg Zittlau, 2000, ed. Océano Ámbar
- ↑ "Biochemical genetic variation in four wild populations of Aspalathus linearis (rooibos tea)". Van der Bank M, Van Wyk B-E, Van der Bank H.; Biochem Syst Ecol 1995;23(3)257-262.
- ↑ Dahlgren R. Revision of the genus Aspalathus II. The species with ericoid and pinoid leaflets. 7. Subgenus Nortieria, with remarks on rooibos tea cultivation. Bot Notiser 1968;121,165-208.
- ↑ Wesgro Background Report: The Rooibos Industry in the Western Cape. Abril de 2000 (actualizado en 2001).
- ↑ 6,0 6,1 "Prescription for Herbal Healing", Phyllis A. Balch, 2002, ed. Avery
- ↑ "Inhibition of tumour promotion in mouse skin by extracts of rooibos () and honeybush (), unique South African herbal teas.", J. Marnewick, E. Joubert, S. Joseph, S. Swanevelder, P. Swart, W. Gelderblom, Cancer Letters, Volume 224, Issue 2, Pages 193-202
- ↑ 8,0 8,1 "Rooibos Tea: Research into Antioxidant and Antimutagenic Properties", Laurie Erickson, The Journal of the American Botanical Council, Issue: 59 Page: 34-45. [1] Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ "Rooibos – The New “White Tea” For Hair And Skin Care", Dr Jane Tiedtke And Dr Olaf Marks; [2] Arquivado 17 de abril de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ "Rooibos". Conservatorio y Jardín Botánico de Ginebra: Flora africana. Consultado o 21 de xuño de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rooibos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rooibos |
Bibliografía
editar- Rooibos, el té rojo de Suráfrica, Jörg Zittlau, 2000, ed. Océano Ámbar (trad. Rotbuschtee für Gesundheit und Schönheit)
Ligazóns externas
editar- Opera Botanica a Societate Botanica Lundensi. Lund, Copenhagen 9(1):213, 283. 1963
- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. [https://web.archive.org/web/20000201222504/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?310979%5D
- South African Rooibos Council
- South African Medical Research Council research findings