Un antioxidante é calquera molécula capaz de retardar ou evita-la oxidación doutras moléculas. Nos organismos vivos, as reaccións de oxidación e redución son cruciais para a vida e forman parte do metabolismo normal pero o certo é que dan lugar a radicais libres que comezan reaccións en cadea que poden dana-las células, polo que o propio organismo produce (en forma de enzimas) ou inxire cos alimentos (en forma de vitaminas e outros elementos) substancias antioxidantes que controlan estas reaccións e evitan eses efectos prexudiciais.

Algúns alimentos como os legumes son ricos en antioxidantes.

As substancias con efecto antioxidante son moi diversas: vitaminas, minerais, pigmentos naturais e outros compostos vexetais, así como certas enzimas. Como dixemos, poden proceder dos alimentos que inxerimos ou ser segregados polo organismo. Ademais, cumpren unha función protectora semellante nos propios alimentos, evitando a súa alteración por enranciamento, o que xustifica o seu emprego como aditivos alimentarios, ou noutros compostos (como cosméticos, caucho ou gasolina).

Reaccións de oxidación editar

Propiedades editar

Fontes de antioxidantes editar

Os antioxidantes obtensen da dieta, atopándose na súa maioría nos alimentos vexetais, o que explica parte das accións saudabéis das froitas, legumes, hortalizas e cereais integrais.

As células teñen entre as súas funcións a produción natural de antioxidantes -endóxenos- que favorecen ao organismo na defensa ante agresións externas e no proceso de remodelación do organismo (antiavellentamento). O exercicio moderado induce a formación de antioxidantes.

Efectos beneficiosos dos antioxidantes editar

Nos últimos anos, investigáronse os antioxidantes en relación co seu papel dentro das enfermidades de máximo impacto en occidente ou países desenvolvidos, como son as enfermidades cardiovasculares, numerosos tipos de cancro, sida, e incluso outras directamente asociadas co proceso de avellentamento, como as cataratas, a enfermidade de alzhéimer e outras alteracións do sistema nervioso.

Aínda que os estudos epidemiolóxicos indican que a inxesta de alimentos ricos en antioxidantes diminúe o risco de certas enfermidades, estes non modifican a deterioración normal do avellentamento, nin fan que vivamos máis anos. Por outro lado, demostrouse que a suplementación a altas doses con preparados de antioxidantes incluso pode resultar prexudicial.

Cada vez existe máis información sobre os beneficios dos antioxidantes polo que se debe promocionar o seu consumo a través dos alimentos que os conteñen de xeito natural, pero aínda é cedo para saber se convén ou non a suplementación diaria, xa que polo momento se descoñece cales son as doses axeitadas. Con toda a información dispoñíbel, o máis aconsellable é levar a cabo unha alimentación variada e equilibrada como a dieta mediterránea, na que non falten os vexetais, sen abusar por tanto na nosa dieta, nin dos suplementos nin dos alimentos enriquecidos en ditas substancias.

Algúns antioxidantes empréganse como aditivos conservantes nos alimentos.

Principais tipos de antioxidantes editar

Catálogo de antioxidantes e o seu código como aditivos alimentarios editar

  • E 300 Ácido ascórbico. Denominado Vitamina C.
  • E 301 Ascorbato sódico
  • E 302 Ascorbato cálcico
  • E 304i Palmitato de ascorbilo
  • E 304ii Estearato de ascorbilo
  • E 306 Extractos de orixe natural ricos en tocoferoles
  • E 307 Alfa tocoferol
  • E 308 Gamma tocoferol
  • E 309 Delta tocoferol
  • E 310 Galato de propilo
  • E 311 Galato de octilo
  • E 312 Galato de dodecilo
  • E 315 Ácido eritórbico
  • E 316 Eritorbato sódico
  • E 320 Butilhidroxianisol, BHA
  • E 321 Butilhidroxitolueno, BHT
  • E 322 Lecitinas
  • E 325 Lactato sódico
  • E 326 Lactato potásico
  • E 327 Lactato cálcico
  • E 330 Ácido cítrico
  • E 331 Citratos de sodio
  • E 332 Citratos de potasio
  • E 333 Citratos de calcio
  • E 334 Ácido tartárico
  • E 335 Tartaratos de sodio
  • E 336 Tartaratos de potasio
  • E 337 Tartarato dobre de sodio e potasio
  • E 338 Ácido ortofosfórico
  • E 339 Ortofosfatos de sodio
  • E 340 Ortofosfatos de potasio
  • E 341 Ortofosfatos de calcio
  • E 350i Malato sódico
  • E 350ii Malato ácido de sodio
  • E 351 Malatos de potasio
  • E 352 Malatos de calcio
  • E 352i Malato cálcico
  • E 352ii Malato ácido de calcio
  • E 353 Ácido metatartárico
  • E 354 Tartarato cálcico
  • E 355 Ácido adípico
  • E 356 Adipato sódico
  • E 357 Adipato potásico
  • E 363 Ácido succínico
  • E-372c Éster cítrico dos mono e diglicéridos dos ácidos graxos alimentarios
  • E 375 Ácido nicotínico
  • E 380 Citrato triamónico
  • E 385 Etilenodiamino tetracetato cálcico disódico (EDTA CaNa2)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar