Catarata
A catarata[1], coñecida tamén de xeito popular como calixe[2] ou belida[3], é unha enfermidade ocular que consiste na opacidad da lente ou da cápsula do cristalino do ollo, que impide o paso dos raios de luz. Chámase así a toda perda de transparencia do cristalino. Tamén é coñecida por facosclerose.
Catarata | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Visión ampliada de catarata nun ollo humano. | |
ICD-10 | H25-H26, H28, Q12.0 |
ICD-9 | 366 |
DiseasesDB | 2179 |
MedlinePlus | 001001 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As cataratas avanzadas requiren unha intervención cirúrxica, xa que a perda progresiva de visión que xeran pode desembocar en cegueira. As cataratas son indoloras, e o seu principal síntoma é unha diminución da visión. Constitúen a principal causa de cegueira en todo o mundo[4], para o seu diagnóstico, adóitase empregar unha lámpada de hendidura, técnica usada para o exame das diferentes estruturas do ollo.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catarata.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calixe.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para belida.
- ↑ Kaufman, Paul L.; Alm, Albert (2004): Adler. Fisiología del Ojo. Aplicación Clínica. Madrid: Elsevier Espanya. ISBN 84-8174-705-X.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |