A alerxia (do grego: αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico[1]. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.

Alerxia
Clasificación e recursos externos
A urticaria é un síntoma común da alerxia.
ICD-10T78.4
ICD-9995.3
DiseasesDB33481
MedlinePlus000812
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Proceso Editar

A substancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como reaccións alérxicas. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.

Tipos Editar

As alerxias son, segundo Gell e Coombs, de catro tipos:

  1. Inmediatas: Baseadas sobre a reacción aos anticorpos.
  2. Citotóxicas.
  3. De complexos inmunes.
  4. Retardadas.

Notas Editar

  1. Diciopedia do século 21, volume 1. Galaxia, 2007, páxina 92.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar