Un espirro ou esbirro é unha forma do corpo de expulsar dióxido de carbono en exceso, en forma de partículas líquidas. O espirro é unha expulsión de ar (como pode ser a tose), que é convulsiva e semiautónoma, do nariz e a boca. Algunhas doenzas poden ser transmitidas polo esbirro, que pode espallar até 40.000 gotículas infecciosas cuxo diámetro varía entre 0,5 e 5 µm.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
O espirro pode transmitir doenzas polo ar.

Factores causantes do espirro

editar
  • Alerxias (pole, po, etc.).
  • Irritación polo po, pementa, talco, etc.; cando entran en contacto coa mucosa nasal.
  • Inhalación de corticosteroides ou outros elementos químicos.
  • Inxestión dalgúns alimentos (chocolate, café, viño, froitos secos etc.), en particular se se é alérxico aos mesmos.
  • Infeccións virais, como gripes ou arrefriados.
  • Reacción á luz brillante.
  • Reacción a unha perda de temperatura (p.ex. desabrigarse).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar