Froito seco

(Redirección desde «Froitos secos»)

Os froitos secos son froitos que teñen unha característica común: no seu estado natural (sen manipulación humana) teñen menos dun 50 % de auga.[1]

Castañas (preparadas para asar, cos cortes típicos na casca).

Son alimentos moi enerxéticos, ricos en graxas, en proteínas, así como en oligoelementos. Segundo o tipo de froito seco, tamén poden proporcionar cantidades apreciábeis de vitaminas (sobre todo do grupo B) ou ácidos graxos omega 3 (poliinsaturados).

Tipos de froitos secos editar

Algúns distinguen dous grandes grupos de froitos secos:

 
Abelás
 
Améndoas
 
Sementes de xirasol (pipas).

Froitos secos de casca dura (ou verdadeiros froitos secos) editar

Os froitos secos máis coñecidos son:

Froitas desecadas editar

Artigo principal: Froita seca.

Saúde editar

Os froitos secos son moi ricos nalgunhas substancias beneficiosas para a saúde. Por exemplo, todos eles conteñen cantidades apreciábeis de vitamina E, que ten propiedades antioxidantes. Posúen a maioría das vitaminas do grupo B. Tamén conteñen sales minerais de elementos tales como fósforo, magnesio, cobre, ferro etc.

Algúns metais tales como o selenio e o zinc, presentes nos anacardos e nas noces do Brasil, promoven a fertilidade masculina, xa que se observou unha produción menor de espermatozoides asociada a dietas baixas nestes metais.

O contido en calcio fai que sexan nalgúns casos substitutivos do leite naquelas persoas que presentan intolerancia á lactosa o son veganas. A inxestión de froitos secos axuda a previr a osteoporose. Os froitos secos que máis calcio teñen son as améndoas (240 mg/100 g) as noces do Brasil (170 mg/100 g) e as abelás (140 mg/100 g).

Case todos os froitos secos teñen un gran valor calórico debido aos hidratos de carbono e as graxas que conteñen. Quizais o menor corresponda ás castañas, que subministran de media case 500 kcal/100 g. Por esta razón están moi aconsellados para as persoas que realizan esforzos físicos prolongados, como os atletas. No son, porén, recomendábeis nas dietas hipocalóricas. Atribúenselle boas propiedades para reducir o chamado colesterol malo (polos ácidos graxos omega 3) e bos en situacións de esforzo intelectual (polo fósforo).

Cómpre indicar que os froitos secos poden desencadear reaccións alérxicas en persoas moi sensíbeis, polo cal estas persoas deben evitar consumilos (principalmente cacahuetes, améndoas, noces, castañas ou abelás). Tamén adoitan producir fermentacións no intestino, provocando flatulencias.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Froito.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar