Froita seca
Unha froita seca é un produto que se obtén do secado realizado a determinadas froitas especiais, propensas a este proceso.
As froitas secas poden considerarse como un simple aperitivo, e nalgunhas cociñas do mundo empréganas como ingredientes na elaboración dalgúns pratos.
Proceso de secado
editarO proceso de deshidratación ou secado ten dúas finalidades:
- aumentar as posibilidades de preservación da froita
- reforzar o sabor das froitas sometidas a este procedemento.
Mediante el, chégase a reducir o contido de humidade na carne da froita até chegar a un 20 % do seu peso.
O proceso destrúe algunha cantidade de vitamina C.
Algunhas froitas sécanse con trazas de dióxido de xofre para darlles unha cor rechamante, como no caso dos pexegos e albaricoques nos chamados orejones en castelán, que adoitan ter unha coloración alaranxada debido a este aditivo.
As froitas que se máis ferecuentemente se secan son os figos, as uvas, as ameixas, os dátiles e a banana. Tamén atopamos recentemente arandos e incluso bagas de goxi.
Confusión
editarNon debe confundirse este tipo de procesamento realizado ás froitas coa denominación de froitos secos, que non se somenten a proceso de secado. Por tal motivo adóitase empregar o nome de froitos pasos (uva pasa, ou pasa propiamente dita, cirolas pasas etc.)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Froita seca |
- Métodos de elaboración de froitas secas Arquivado 30 de maio de 2010 en Wayback Machine. Universidade de Carolina. (en inglés) Consultada o 10/5/2012.