Micrómetro

millonésima parte do metro
(Redirección desde «Μm»)

O micrómetro[1] é unha unidade do SI correspondente a 10−6m. O nome formouse a partir do prefixo micro-, que representa a millonésima parte, e a unidade metro.

Outros nomes

editar
 
Lámpada Krypton-86 usada para a definición do metro entre 1960 e 1983. Exposta na habitación 6 do museo NIST.

O micrómetro é tamén coñecido como micron, abreviado µ.

En fabricación mecánica o micron é a unidade de lonxitude máis pequena en que se acoutan as tolerancias das cotas das pezas que son rectificadas.

Equivalencias

editar

Un micrómetro equivale a unha milésima de milímetro:

1 µm = 0,001 mm = 1 × 10-3 mm
1 mm = 1.000 µm

Un micrómetro equivale a unha millonésima de metro:

1 µm = 0,000.001 m = 1 × 10-6 m
1 m = 1 000 000 µm

Un micrómetro equivale a mil nanómetros:

1 µm = 1.000 nm
1 nm = 0,001 µm
1 heit = 0,01 µm
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micrómetro.