A CIE-10 é o acrónimo da décima edición da Clasificación Internacional de Doenzas (en inglés, ICD, International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems). Determina a clasificación e codificación das doenzas e unha ampla variedade de signos, síntomas, feitos anormais, denuncias, circunstancias sociais e causas externas de danos e/ou enfermidade.[1]

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Historia

editar

A CIE foi publicada pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Emprégase a nivel internacional para fins estadísticos relacionados con morbilidade e mortalidade, os sistemas de reintegro e soportes de decisión automática en medicina. Este sistema está deseñado para promover a comparación internacional da recolección, procesamento, clasificación e presentación destas estadísticas. A CIE é a clasificación central da WHO Family of International Classifications (WHO-FIC) (en galego, a Familia de Clasificacións Internacionais da OMS).[2]

A lista CIE-10 ten a súa orixe na «Lista de causas de morte», da cal a primeira edición realizouna o Instituto Internacional de Estadística en 1893. A OMS fíxose cargo da mesma en 1948, na sexta edición, a primeira en incluír tamén causas de morbilidade. A día de hoxe, a lista en vigor é a décima, e a OMS segue a traballar nela.

A CIE-10 desenvolveuse en 1992 e o seu propósito foi rastrexar estadísticas de mortalidade. A OMS publica actualizacións menores anuais e actualizacións maiores cada tres anos.

Posteriormente, algúns países teñen creado as súas propias extensións do código CIE-10. Por exemplo, Australia presentou a súa primeira edición, a «CIE-10-AM» en 1998; Canadá publicou a súa versión no 2000, a «CIE-10-CA». Alemaña tamén ten a súa propia extensión, a «CIE-10-GM».

Nos Estados Unidos de América, engadiuse o anexo co sistema de clasificación de procedementos, o ICD-10-PCS. A pesar de que xa utilizan o manual de procedementos, os Estados Unidos e Porto Rico estanse a preparar para a posta en funcionamento do Sistema de Clasificación de Enfermidades para comezar en outubro de 2015.

Codificación

editar

Cada afección pode ser asignada a unha categoría e recibir un código de até seis caracteres de lonxitude (en formato de X00.00). Cada unha de tales categorías pode incluír un grupo de doenzas similares. Os seguintes códigos empréganse pola Clasificación Estadística Internacional de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde.

Clasificación Estadística Internacional de Doenzas e Problemas relacionados coa Saúde
Capítulo Códigos Título
I A00-B99 Certas doenzas infecciosas e parasitarias
II C00-D48 Neoplasias
III D50-D89 Doenzas do sangue e dos órganos hematopoéticos e outros trastornos que afectan o mecanismo da inmunidade
IV E00-E90 Doenzas endócrinas, nutricionais e metabólicas
V F00-F99 Trastornos mentais e do comportamento
VI G00-G99 Doenzas do sistema nervioso
VII H00-H59 Doenzas do ollo e os seus anexos
VIII H60-H95 Doenzas do ouvido e da apófise mastoide
IX I00-I99 Doenzas do sistema circulatorio
X J00-J99 Doenzas do sistema respiratorio
XI K00-K93 Doenzas do aparato dixestivo
XII L00-L99 Doenzas da pel e do tecido subcutáneo
XIII M00-M99 Doenzas do sistema osteomuscular e do tecido conectivo
XIV N00-N99 Doenzas do aparato xenitourinario
XV O00-O99 Embarazo, parto e puerperio
XVI P00-P96 Certas afeccións orixinadas no período perinatal
XVII Q00-Q99 Malformacións conxénitas, deformidades e anomalías cromosómicas
XVIII R00-R99 Síntomas, signos e feitos anormais clínicos e de laboratorio, non clasificados noutra parte
XIX S00-T98 Traumatismos, envelenamentos e algunhas outras consecuencias de causa externa
XX V01-Y98 Causas externas de morbilidade e de mortalidade
XXI Z00-Z99 Factores que inflúen no estado de saúde e contacto cos servizos de saúde
XXII U00-U99 Códigos para situacións especiais

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar