Gastrite
A gastrite[1] é unha inflamación das mucosas gástricas. A palabra procede do grego γαστήρ (gastēr, gastro = ventre, estómago) e -ίτις (-itis, -ite = inflamación). Dependendo da causa, pode persistir de forma aguda ou crónica e pode coincidir con outras enfermidades graves como a atrofia do estómago.
Gastrite | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Imaxes PET da gastrite | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Causas
editarAs causas coñecidas da gastrite son:
- Infección bacteriana (principalmente Helicobacter pylori e outras bacterias Helicobacter).
- Infección fúnxica.
- Infección parasitaria (por exemplo por mariscos pouco cocidos).
- Infección viral.
- Refluxo biliar.
- Fármacos antiinflamatorios non esteroides.
- Tabaquismo
- Trastornos autoinmunes.
- Consumo excesivo de alcol.
- Algúns alérgenos.
- Algúns tipos de radiación.
Síntomas
editarSíntomas que poden resultar da gastrite:
Prevención
editarEvítese o uso de medicamentos irritantes como antiinflamatorios e aspirinas, acudir a un médico xa que os fármacos sen receita alivian a dor pero non curan o estómago. Evitar o abuso de bebidas alcohólicas e tabaco. Existen controversias sobre o hábito de beber café e té negro que inflúe na gastrite[Cómpre referencia], polo que o seu consumo debería depender da tolerancia individual.
A mellora das condicións sanitarias, o tratamento da auga para o consumo doméstico, a hixiene persoal (lavado de mans antes de tocar os alimentos), o coidado na preparación e conservación dos alimentos, diminúe significativamente o número de vítimas de intoxicación alimentaria (gastroenterite).
Tratamento
editarO tratamento está relacionado co axente causante. Nos casos de gastrite aguda asociada ao uso de fármacos antiinflamatorios, a súa suspensión e/ou substitución, asociada ao uso de fármacos que neutralicen, inhiban ou bloqueen a secreción de ácido estomacal, é o tratamento básico.
A endoscopia, máis utilizada nos casos de gastrite aguda acompañada de hemorraxia, ademais de poder facer o diagnóstico, pode deter o sangrado aplicando diversos tratamentos locais. Non existe consenso sobre a vantaxe de tratar a bacteria Helicobacter pylori cando hai gastrite sen úlcera, xa que non se observou unha mellora significativa nos síntomas dixestivos.[Cómpre referencia] Nos casos en que existe unha indicación de tratamento para a erradicación da bacteria, este consiste na administración de antibióticos e bloqueadores da produción de ácido gástrico. O tratamento da gastrite consiste en eliminar as súas causas e utilizar medicamentos baixo supervisión médica. Algúns exemplos de remedios para a gastrite son omeprazol, ranitidina e cimetidina, pero unha nutrición adecuada é moi importante para un tratamento exitoso.
A gastrite ou inflamación da mucosa do estómago, ademais de estar relacionada co consumo de alcohol, tamén se pode xerar por infeccións e pola acción de antiinflamatorios non esteroides (como a aspirina). "Nestes casos, comer amorodos durante ou despois da patoloxía podería aliviar a lesión na mucosa gástrica", suxeriu Maurizio Battino, coordinador do grupo de investigación da Universidade Politécnica das Marcas, en Italia.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-09-12.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gastrite |