Hipertensión arterial
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A hipertensión arterial é o aumento da presión arterial ben sexa mantido ou só nun momento agudo. A hipertensión arterial crónica é unha das patoloxías máis comúns a partir dos cincuenta anos de idade.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O día 17 de maio celébrase o Día Mundial da Hipertensión Arterial, co obxectivo insistir na importancia dun control periódico da presión arterial e promocionar hábitos de vida que axuden a previr a hipertensión e lograr o control da enfermidade [1].
Regulación da presión arterial
editarA presión arterial está regulada por varios elementos. En primeiro lugar, o volume total de sangue. Cando o volume de sangue é máis elevado do habitual, aumenta a tensión arterial. Por exemplo, nas dietas con demasiado sal, hai un maior volume de auga, e polo tanto a presión arterial está elevada. Todas aquelas substancias que favorezan que haxa máis auga no interior dos vasos sanguíneos, tamén favorecen a hipertensión arterial.
En segundo lugar, o organismo dispón de varios sistemas de regulamento da presión arterial:
- Os mecanismos de sede, que modulan a cantidade de auga inxerida. A sede está regulada pola osmolaridade, que actúa sobre o hipotálamo desencadeando diversos estímulos.
- O ril, que é o órgano con maior repercusión a longo prazo no regulamento da presión arterial. No interior do ril áchanse diversas estruturas relacionadas coa presión. O sistema renina-anxiotensina-aldosterona está dirixido polo ril e polas glándulas suprarrenais. Canto maior sexa a activación deste sistema, maior serán os niveis da tensión arterial. Este mecanismo é no que se basea o funcionamento de diversos fármacos coma os inhibidores do enzima conversor da anxiotensina e os ARA II.
- O aparello dixestivo, que regula os niveis de absorción de diversas substancias. Un exceso de contido dietético de sal común ocasionará un contido excesivo de auga á circulación.
Riscos da hipertensión arterial
editarA tensión elevada de xeito continuado produce danos a diversos niveis. En primeiro lugar, lesiona os propios vasos sanguíneos, favorecendo a súa rotura e a formación de aneurismas. O dano é proporcional ao grao de hipertensión, afectando tanto aos vasos de grande calibre (por exemplo, a aorta), coma aos de pequeno calibre. Deste dano vascular derivarán lesións en moitos órganos diferentes, incluíndo o ril, o sistema nervioso central, os ollos, o aparello dixestivo e outros.
A hipertensión arterial é o principal factor de risco do ictus e un dos máis importantes na cardiopatía isquémica.
Tratamento
editarCando a hipertensión non é notable ou o enfermo é xove, adoitan ser suficientes as medidas dietéticas e de exercicio. É imprescindible unha dieta baixa ou carente de sal. O exercicio físico moderado contribúe ao regulamento da tensión. O abandono do tabaco é altamente recomendable.
Cando é preciso dar medicamentos existen varias liñas de tratamento:
- Diuréticos: favorecen a eliminación de líquido.
- Diuréticos de asa: furosemida e torasemida.
- Tiazidas: mellor que os anteriores en anciáns porque reducen o risco de padecer osteoporose e cálculos renais de calcio
- Inhibidores do enzima conversor de anxiotensina e ARA II, que reducen a presión arterial actuando directamente sobre o ril.
Notas
editar- ↑ "17 de mayo – Día Mundial de la Hipertensión Arterial" (en castelán). Consultado o 2022-11-25.