Sistema nervioso central

O sistema nervioso central (SNC) está constituído polo encéfalo e a medula espiñal. Están protexidos por tres membranas: duramadre (membrana externa), aracnoide (membrana intermedia), piamadre (membrana interna) denominadas xenericamente meninxes. Ademais, o encéfalo e a medula espiñal están protexidos por envolturas óseas, que son o cranio e a columna vertebral respectivamente.

Vista do SNC humano (2) que contén o encéfalo (1) e a medula espiñal (3)

As cavidades destes órganos (ventrículos no caso do encéfalo e conduto ependimario no caso da medula espiñal) están cheos dun líquido incoloro e transparente, que recibe o nome de líquido cefalorraquídeo. As súas funcións son moi variadas: serve como medio de intercambio de determinadas substancias, como sistema de eliminación de produtos de refugallo, para manter o equilibrio iónico adecuado e como sistema amortecedor mecánico.

As células que forman o sistema nervioso central dispóñense de tal maneira que dan lugar a dúas formacións moi características: a substancia gris, constituída polos corpos neuronais, e a substancia branca, formada principalmente polas prolongacións nerviosas (dendritas e axóns), cuxa función é conducir a información. En resumo, o sistema nervioso central é o encargado de recibir e procesar as sensacións recollidas polos diferentes sentidos e de transmitir as ordes de resposta de forma precisa aos distintos efectores. E pódese dicir que o sistema nervioso central é un dos máis importantes de todos os sistemas que se atopa no noso corpo.

Estrutura

editar

Rexeneración

editar

Debido á gran especialización das súas células, o sistema nervioso central non se rexenera TISULAR Rexeneración do sistema nervioso ou ten moi limitada esa capacidade, en comparación co sistema nervioso periférico.

Infeccións

editar
 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O sistema nervioso central pode ser branco de infeccións, proveintes de catro vías de entrada principais, a diseminación polo sangue que é a vía máis frecuente, a implantación directa do xerme por traumatismos ou causas iatroxénicas, a extensión local secundaria a unha infección local e o propio sistema nervioso periférico, como ocorre na rabia.

Cerebrite

editar
Artigo principal: Cerebrite.

É unha infección focal do cerebro causado por procesos secundarios a unha meninxite, por extensión local de lesións no oído medio ou seos mastoides, por vía hematóxena asociada a unha endocardite bacteriana, cardiopatías cianóticas conxénitas e bronquiectasia pulmonar ou por traumatismo con lesión aberta do SNC. A cerebrite móstrase con zonas de tumefacción mal delimitadas, conxestión e aspecto brando con posible necrose. Os abscesos cerebrais mostran unha cavidade redondeada de 1–2 cm, chea de pus.

Encefalite e mielite

editar
Artigo principal: Encefalite.

Son procesos inflamatorios difusos agudos que producen morte neuronal e tumefación encefálica con acumulación perivascular de células linfoides e gliose astrocítica. Na encefalite viral existe un trofismo notable dalgúns virus por certas células específicas nas que a posibilidade de latencia dalgúns virus é importante no sistema nervioso central. Microscopicamente nótanse infiltrados perivasculares e parénquimatosos de células mononucleares como os linfocitos ou células da microglía.

As infección micóticas producen vasculite, como no caso dos Candida e Aspergillus, meninxite crónica e invasión do parénquima, como o Cryptococcus neoformans, frecuentemente asociada ao SIDA con carácter especialmente fulminante. O VIH produce un descenso drástico da actividade inmune, facilitando a infección por parte de fungos e outras enfermidades oportunistas.

Meninxite

editar
Artigo principal: Meninxite.

Inflamación ou infección das meninxes, ben sexa leptomeningite que é centrada no espazo subaracnoide, ou paquimeningite que é centrada na duramadre. A meninxite infecciosa pode ser causada por bacterias na meninxite pióxena, pode ser aséptica na meninxite viral e crónica.

A meninxite pióxena é causada por bacterias que varían de acordo á idade do individuo:

Enfermidades desmielinizantes

editar

Son un grupo de enfermidades cuxa principal manifestación é unha lesión da mielina do SNC cunha relativa preservación dos axóns neuronais.

  • Esclerose múltiple: trastorno caracterizado por episodios discretos de déficit neurolóxico recorrentes con desmielinización por mecanismos autoinmunes ou inmunolóxicos. Aparece a calquera idade, aínda que é raro na infancia ou despois dos 50 anos, afectando a mulleres nunha proporción 2:1 en relación aos homes. A lesión obsérvase no encéfalo e a medula espiñal cun moito maior risco (ata 15 veces máis elevado) se hai antecedentes familiares. Esta posible susceptibilidade xenética parece favorecer unha resposta inmunolóxica inadecuada fronte a infeccións virais. As lesións caracterízanse por infiltrados de células B, células T e macrófagos. As rexións de desmielinización polo xeral atópanse nos ángulos dos ventrículos laterais, nos pedúnculos e o tronco do encéfalo, causando debilidade dos membros, visión borrosa ou perda da visión unilateral, incoordinación e sensibilidade anormal.

Tumores do sistema nervioso central

editar
Artigo principal: Tumor cerebral.

En xeral, a frecuencia de tumores intracraniais está entre 10 e 17 por cada 100,000 habitantes e aproximadamente 2 por cada 100,000 para tumores intramedulares. Aproximadamente a metade son tumores primarios e o resto son metastásicos, afectando principalmente a persoas novas, representando cerca do 10% das mortes de persoas entre 15 e 35 anos de idade. Os tumores do SNC derivan de diversos tecidos, como os neuroepiteliais astrocitos, oligodendrocitos, epéndimo, neuronas e células embrionarias, menínxeos e outros como os linfomas, quistes e tumores da hipófise.

Tumores neuroepiteliais

editar

Son un grupo de tumores encefálicos primarios chamados gliomas. Derivan dos astrocitos, oligodendrocitos, epéndimo, plexos coroides, neuronas e células embrionarias e polo xeral, infiltran difusamente o encéfalo adxacente, facendo difícil a súa reseción cirúrxica.

  • Astrocitoma: constitúen un 80% dos tumores cerebrais primarios do adulto, en especial na idade media avanzada. Cursa con convulsións, cefalea e certo déficit neurolóxico focal. Trátanse, de ser posible, con reseción cirúrxica, quimioterapia e radioterapia cunha supervivencia media menor de 1 ano. Divídese en catro graos:
    • Grao I: Astrocitoma de baixo grao
    • Grao II: Astrocitoma propiamente dito
    • Grao III: Astrocitoma anaplásico
    • Grao IV: Glioblastoma multiforme, o máis frecuente cunha incidencia máxima aos 65 anos aproximadamente e crece principalmente nos hemisferios cerebrais. É o tumor máis agesivo clinicamente entre os astrocitomas.
  • Astrocitoma pilocítico: aparece xeralmente no cerebelo e na idade da infancia cun bo prognóstico despois da extirpación. Tenden a ser lesións quísticas, ben limitadas de células bipolares con extensións longas e finas en forma de cabelos.
  • Oligodendroglioma: constitúen 5-15% dos gliomas, frecuentes na idade media que afectan aos hemisferios cerebrais, en especial a substancia branca cun bo prognóstico. Tenden a ser masas grises, ben delimitadas conformadas por células de núcleo redondeado e citoplasma vacuolado ou tinguido de rosa. Nun 90% dos casos presentan calcificaciones cunha delicada rede de capilares anastomosados. Producen crises convulsivas.
  • Ependimoma, tumor das dúas primeiras décadas da vida, constitúe un 5-10% dos tumores cerebrais primarios neste grupo. Habitualmente localízanse no sistema ventricular, especialmente o IV ventrículo e na medula espiñal. Poden producir hidrocefalia por obstrución do IV ventrículo con mal prognóstico aínda que o crecemento tumoral é lento, con frecuente diseminación polo líquido cefalorraquídeo (LCR). Tenden a ser masas sólidas ou papilares difíciles de extirpar pola proximidade ao bulbo raquídeo e a protuberancia. Histoloxicamente forman túbulos coñecidos como rosetas ependimarias.
  • Neuroblastoma: tumor moi raro e agresivo formadora de rosetas de Homer-Wright, unha variedade histolóxica clásica destes tumores.
  • Meduloblastoma: son tumores embrionarios, que constitúen un 20% dos tumores encefálicos localizado na liña media do cerebelo e no adulto son de localización lateral con diseminación polo LCR. Son tumores altamente malignos de mal prognóstico se non recibe tratamento oportuno. Tenden a ser radiosensible e, con extirpación logran unha supervivencia a 5 ano próximo ao 75%. Son tumores que forman lesións ben limitadas de cor agrisada e friable, altamente celular con láminas de células anaplásicas e núcleos redondeados ou con forma de bastón e abundantes mitose.

Tumores non-neuroepiteliais

editar
  • Linfoma cerebral primario: En aumento por asociación con SIDA. A maioría das lesións son células B, as de células T son excepcionais. Son lesións agresivas con mala resposta a quimioterapia. Son tumores multifocais e mal delimitadas situados xeralmente na substancia gris fonda, substancia branca e cortiza, con ocasional diseminación periventricular. Mellor delimitados que os astrocitomas, presenta de necrose central. Inclúen o linfoma de células grandes anaplásicos, células pequenas non fendidas e sarcoma inmunoblástica.
  • Tumor de células xerminais: aparecen ao longo da liña media, rexión pineal e supracelar. Alta incidencia en aciáticos. Maiormente en adolescentes e adultos novos, predominio en homes. O xerminoma do SNC é o equivalente ao seminoma. Diseminación a través do LCR. Tratamento con quimioterapia e radioterapia.
  • Meninxiomas: predominantemente benignos, derivan das células meninxoteliales da aracnoide, con predominio en mulleres con relación 3:2. A localización máis frecuente en convexidades cerebrais, duramadre que recobre a convexidade lateral, á do esfenoide, suco olfactorio, cadeira turca e foramen magnum. Na medula espiñal a relación é de 10:1 con predominio en mulleres. Son tumores de crecemento lento con signos de hipertensión endocranial. Estes tumores expresan a miúdo receptores para a proxesterona, polo que durante o embarazo tenden a crecer con rapidez. Teñen un factor xenético por deleción do brazo longo do cromosoma 22. Son masas redondeadas con base na duramadre e de consistencia elástica que poden infiltrar o óso con engrosamento óseo localizado. Os meninxiomas malignos son moi infrecuentes e poden ser difíciles de identificar.
  • Schwannoma, como o indica o seu nome, derivan das células de Schwann, aparecendo como lesións encapsuladas, ben delimitadas formadas por células alargadas con extensións citoplasmáticas en fascículos con moderada a alta celularidade con escasa matriz de estroma. Ocasionalmente poden ser máis densos formando microquistes.
  • Neurofibromas, aparecen de forma esporádica, poden ser solitarios ou múltiples formando lesións cutáneas en forma de nódulos, ás veces hiperpigmentadas.
  • Tumor maligno da vaíña dos nervios periféricos, polo xeral xorden dunha transformación dun neurofibroma chamado plexiforme, adoitan ser sarcomas altamente malignos que recidivan e metastatizan. Trátanse con extirpación cirúrxica e radioterapia. A maior tamaño da lesión, peor tende a ser o prognóstico.

Harrison, Tratado de Medicina Interna

Véxase tamén

editar