Vasculite
O termo vasculite adóitase empregar en medicina para se referir ás síndromes e doenzas que cursan coa inflamación dos vasos sanguíneos. Pode afectar a case calquera vaso sanguíneo da práctica totalidade de todos os órganos do corpo.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Patoxenia
editarO dous mecanismos máis coñecidos polos que se produce unha vasculite son:
- Inflamación de orixe inmunitaria;
- Mediadas polo sistema do complemento
- Mediadas por anticorpos (síndrome de Goodpasture)
- Mediadas por inmunidade celular
- Invasión directa das paredes vasculares por axentes patóxenos;
Cadro clínico
editarAs vasculites amosan unha gran variedade de manifestacións clínicas acompañadas de signos e síntomas xerais, entre eles, febre, mialxias, artralxias e malestar xeral.
Clasificación
editarA clasificación máis adoito empregada responde ao tamaño dos vasos afectos. Así pois, temos:
- Vasculite de grandes vasos:
- Arterite de células xigantes (Arterite da temporal)
- Arterite de Takayasu
- Vasculite de vasos medios:
- Vasculite de vasos pequenos:
- Por mor da presenza de ANCA (Anti-neutrophil cytoplasmic antibodies)s:
- Polianxeíte microscópica
- Granulomatose de Wegener
- Síndrome de Churg-Strauss
- Vasculite ANCA positiva por mor de drogas
- Por mor da presenza de inmunocomplexos:
- Outras vasculites de vasos pequenos