Inmunidade celular

A inmunidade celular ou inmunidade mediada por células é unha resposta inmunitaria na que non interveñen os anticorpos., senón que depende da activación de fagocitos, linfocitos T citotóxicos específicos de antíxenos e a liberación de varias citocinas en resposta ao antíxeno.

Historicamente, o sistema inmunitario foi dividido en dúas ramas: inmunidade humoral, na cal a función protectora da inmunización podía encontrarse nos humores (fluídos corporais sen células ou soro sanguíneo) e inmunidade celular, na cal a función protectora da inmunización estaba asociada coas células. As células T CD4+ ou células T axudantes proporcionan protección contra diferentes patóxenos. As células T virxes, que son céllas T inmaturas que aínda non se atoparon cun antíxeno, convértense en células T efectoras unha vez que se encontran cunha célula presentadora de antíxenos. Estas células presentadoras, como os macrófagos, células dendríticas e células B nalgunhas circunstancias, cargan péptidos antixénicos sobre os MHC da célula, que á súa vez presentan o péptido a receptores situados en células T. As máis importantes destas células presentadoras son células dendríticas moi especializadas, que se dedican a inxerir e presentar os antíxenos.[1]

As células T efectoras activadas poden clasificarse en tres clases funcionais, que detectan antíxenos péptidos orixinados en diversos tipos de patóxenos: 1) células T citotóxicas, que matan células diana infectadas por apoptose sen usar citocinas, 2) células TH1, que funcionan principalmente activando macrófagos, e 3) células TH2, que funcionan estimulando células B para que produzan anticorpos.[1]

O sistema inmunitario innato e o sistema inmunitario adaptativo comprenden tanto compoñentes humorais coma mediados por células.

A inmunidade celular protexe o corpo por medio de:

A inmunidade mediada por células diríxese principalmente contra microbios que sobreviven en fagocitos e microbios que infectan células non fagocíticas. É máis efectiva eliminando céllas infectadas por virus, pero tamén participan na defensa contra fungos, protozoos, cancros e bacterias intracelulares. Tamén xoga un papel principal no rexeitamento de transplantes.

  1. 1,0 1,1 Janeway, Charles; Travers, Paul; Walport, Mark; Shlomchik, Mark (2001). Immunobiology (5th ed.). New York: Garland Science. ISBN 978-0-8153-3642-6. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Eissmann, Philipp. "Natural Killer Cells". British Society for Immunology. British Society for Immunology. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Saldana, José. "Macrophages". British Society for Immunology. British Society for Immunology. Consultado o 8 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar