Asperxilose
Coñécese como asperxilose[1] todas aquelas doenzas producidas polos fungos do xénero Aspergillus. Aínda que o máis frecuente é Aspergillus fumigatus, existen outros potenciais patóxenos, como Aspergillus flavus, Aspergillus niger, Aspergillus nidulans ou Aspergillus terreus.
Asperxilose | |
---|---|
![]() Imaxe histopatolóxica de asperxilose pulmonar invasiva en paciente con pneumonía intersticial. Material de necropsia. Tinción prata metenamina Grocott. | |
Instancia de | clase de doenza ![]() |
Subclase de | opportunistic mycosis (en) ![]() ![]() |
Especialidade médica | infectoloxía ![]() |
Fármacos usados de tratamento
| |
Descrito pola fonte
| |
Ligazóns | |
MeSH | D001228 ![]() |
Thesaurus do NCI | C2886 ![]() |
DiseasesDB | 001326 ![]() |
MedlinePlus | 001326 |
![]() |
Os Aspergillus son fungos saprofitos e ubicuos, de distribución universal. Infeccións por Aspergillus son moi infrecuentes agás en persoas suxeitas a inmunosupresión. A transmisión ocorre por inhalación das esporas, aínda que se describiron casos de infección por autoinoculación. Patoxenicamente, invaden os vasos sanguíneos, producindo trombose e consecuente isquemia, necrose, edema e hemorraxias.
Tratamento
editarEntre os fármacos antifúnxicos máis empregados atópanse o voriconazol, o itraconazol, a anfotericina B e a caspofungina..Nos casos de asperxilose invasiva, combínanse o voriconazol e a anfotericina B, até a resolución da doenza. Na asperxilose broncopulmonar alérxica, o tratamento de elección combina corticoide con itraconazol.[2]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para asperxilose.
- ↑ Herbrecht R, Denning D, Patterson T, Bennett J, Greene R, Oestmann J, Kern W, Marr K, Ribaud P, Lortholary O, Sylvester R, Rubin R, Wingard J, Stark P, Durand C, Caillot D, Thiel E, Chandrasekar P, Hodges M, Schlamm H, Troke P, de Pauw B; Grupo de infecciones fúngicas invasivas; European Organisation for Research and Treatment of Cancer and the Global Aspergillus Study Group. "Voriconazole vs. anfotericina B for primary therapy of invasive aspergillosis.". N Engl J Med 347 (6). PMID 12167683.