Complemento (inmunidade)

(Redirección desde «Sistema do complemento»)

Denomínase complemento a un conxunto de proteínas séricas que colaboran coa inmunidade. Está composto por varias proteínas. As máis activas son as proteínas C, das que hai varios subtipos: C1, C2, C3, C4...

O sistema do complemento atacando unha membrana.

Características das proteínas do complemento

editar

Cumpren dúas características esenciais:

  • Son capaces de romper proteínas (proteólise).
  • A pesar do seu gran tamaño son capaces de asociarse entre si.

Obxectivos do complemento

editar

Son dous obxectivos:

Vías de activación do complemento

editar
 
Vía do sistema do complemento.
  • Vía clásica: Actívase ao producirse a interacción antíxeno-anticorpo. Isto esperta a actividade da proteína C1. C1 rompe a C4 e C2 en C4a, C4b, C2a e C2b. Fórmase o complexo convertase de C3 pola unión de C2b e C4b. A convertase de C3 rompe C3 en C3a e C3b. C3b únese ao complexo convertase de C3, constituíndo o complexo convertase de C5. Este rompe a C5 en C5a e C5b. C5b únese a C6, C7, C8, C9 formando o complexo de ataque á membrana MAC.
  • Vía alternativa: En contacto cos lipopolisacáridos de membrana bacteriana C3 autoescíndese en C3a e C3b. C3b únese a C3 formando outro complexo convertase de C3. O proceso segue a partir de aquí coma na vía clásica.

Anafilotoxina C3b

editar

Ten varias funcións distintas:

  • Activa o macropéptido MAC.
  • Únese a un receptor dun fagocito e ao mecrobio, facilitando a fagocitose. É a opsonización.
  • Favorece a eliminación do complexo antíxeno-anticorpo a través do receptor CR2 de eritrocito.
  • Colabora co receptor de linfocito B no recoñecemento antixénico.

Textos de consulta

editar
  • Abbas, Inmunología celular y molecular.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar