O pus ou brume[1] é un exsudado, xeralmente de cor branca amarelada, amarela, ou amarela castaña, formada nun lugar onde hai inflamación durante unha infección.[2][3] Unha acumulación de pus nun espazo tisular cerrado denomínase absceso, mentres que unha acumulación visible de pus na epiderme ou debaixo da epiderme denomínase pústula ou furúnculo.

Ollo humano con conxuntivite exsudando pus.
Absceso. Os abscesos son acumulacións de pus encapsuladas.
Duodenoscopia na que se ve unha ampola hepatopancreática da que sae pus, indicativa de colanxite.

O pus consiste nun fluído rico en proteínas, e leucocitos mortos que interviñeron na resposta inmunitaria (principalmente neutrófilos); pode conter tamén outras células do corpo e graxa, microorganismos mortos, fibrina, restos do tecido danado, sangue, linfa ou outros líquidos corporais, segundo o sitio onde se produza.

Durante a infección, os macrófagos liberan citocinas que activan aos neutrófilos para que procuren o sitio de infección por quimiotaxe. Alí, os neutrófilos fagocitan e destrúen as bacterias e as bacterias intentan resistir a resposta inmunitaria liberando toxinas chamadas leucocidinas.[4] Cando os neutrófilos morren polas toxinas ou pola súa idade, son fagocitados por macrófagos, formando o pus viscoso.

As bacterias que causan a formación de pus denomínanse supurativas, pióxenas,[4] ou purulentas. Se o axente xera tamén mucus, denomínase mucopurulento. As enfermidades que cursan con supuración denomínanse pióxenas, como a artrite pióxena. Xeralmente, as enfermidades nas que se produce pus son enfermidades nas que hai unha infección por microorganismos. Non obstante, tamén hai enfermidades que producen pus sen que haxa unha infección por microorganismos, e son aquelas nas que se orixina unha necrose dos tecidos ou acumulación de tecido morto, como por exemplo a psoríase ou a melanose pustulosa neonatal transitoria.

A pesar de que normalmente o pus ten unha cor branca amarelada, poden observarse cambios de cor no pus en certas circunstancias. O pus pode ás veces ser verde debido á presenza de mieloperoxidase, que é unha proteína antibacteriana intensamente verde producida por certos tipos de leucocitos. En certas infeccións de Pseudomonas aeruginosa prodúcese un pus verde que cheira mal; a cor verdosa é resultado do pigmento bacteriano piocianina que as pseudomonas producen. Os abscesos amébicos no fígado producen pus pardo, cuxo aspecto se ten descrito como similar á "pasta de anchoa". O pus pode tamén ter mal cheiro, especialmente o pus das infeccións anaeróbicas.[5]

En case todos os casos cando hai unha acumulación de pus no corpo, o médico pode considerar necesario crear unha saída para evacualo, seguindo o aforismo latino "Ubi pus, ibi evacua".

Algunhas enfermidades comúns causadas por infeccións pióxenas son o impétigo, osteomielite, artrite séptica, e a fascite necrotizante, entre outras.

Bacterias pióxenas

editar

Numerosas especies bacterianas poden ser pióxenas. Velaquí algunhas das máis comúns:[6]

  1. Definición de brume no Dicionario da RAG
  2. "Pus - Definitions from Dictionary.com". reference.com. Consultado o 2008-08-18. 
  3. "Infections Caused by Common Pyogenic Bacteria". Dermatopathology (Springer Berlin Heidelberg). doi:10.1007/3-540-30244-1_12. 
  4. 4,0 4,1 Madigan, Michael T. and Martin, John M. Brock Biology of Microorganisms 11th ed. Pearson Prentice Hall. USA. 2006: 734
  5. Topazian RG, Goldberg MH, Hupp JR (2002). Oral and maxillofacial infections (4 ed.). Philadelphia: W.B. Saunders. ISBN 978-0721692715. 
  6. Thompson, Alexis; Miles, Alexander (1921). "Pyogenic Bacteria". Manual of Surgery (6th ed.). Oxford Medical Publications. OCLC 335390813. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar