Abrir o menú principal
Esquema das principais subdivisións do cerebro embrionario de vertebrado. Estas rexións diferéncianse máis tarde nas estruturas do prosencéfalo, mesencéfalo e rombencéfalo.
Ponte de Varolio e cerebelo e na parte inferior a medula oblonga ou bulbo raquídeo.

O metencéfalo é a segunda vesícula formada no cerebro embrionario en desenvolvemento, e está composto pola ponte de Varolio e o cerebelo, contén unha porción do cuarto ventrículo, e tamén o nervio trixémino (par cranial V), nervio abducens (par VI), nervio facial (par VII), e unha porción do nervio vestíbulo-coclear (par VIII).

EmbrioloxíaEditar

O metencéfalo orixínase a partir da metade superior ou rostral do rombencéfalo embrionario, e diferénciase do mielencéfalo no embrión de aproximadamente 5 semanas. No terceiro mes, o metencéfalo diferénciase nas súas dúas estruturas principais, a ponte e o cerebelo.

FunciónsEditar

A ponte regula a respiración por medio de certos núcleos que regulan o centro respiratorio do bulbo raquídeo. O cerebelo funciona coordinando os movementos musculares, mantén a postura, e integra información sensorial procedente do oído interno e proprioceptores dos músculos e articulacións.

DesenvolvementoEditar

Nos estadios máis temperáns do desenvolvemento do encéfalo, as vesículas encefálicas que se forman son imperativas.[1] Cada rexión do encéfalo caracterízase pola súa propia arquitectura específica. Estas rexións do encéfalo son determinadas por unha combinación de factores de transcrición e de sinais que cambian a súa expresión.[1]

O istmo é o principal centro organizador para o tectum e o cerebelo.[2] O tectum é a parte dorsal do metencéfalo. O tectum inclúe os colículos superiores e inferiores, que xogan un papel no procesamento visual e auditivo. Dous dos xenes principais que afectan ao metencéfalo son Fgf8 e Wnt1, os cales se expresan arredor do istmo. O produto do xene Fgf8 tamén se coñece como Factor de Crecemento do Fibroblasto 8. É unha proteína que se cre que é o sinal organizador máis importante. A súa función principal é establecer e manter a barreira entre o mesencéfalo e o rombencéfalo, especificamente entre mesencéfalo e metencéfalo.[2] Tamén é importante para decidir a estrutura do mesencéfalo e rombencéfalo. O produto do xene Wnt1 é unha proteína de protooncoxene (da familia do sitio de integración MMTV de tipo Wingless, membro 1). Pensábase orixinalmente que este xene xogaba un papel no desenvolvemento do mesencéfalo e rombencéfalo, pero estudos posteriores indicaron que podía non ser así.[2] Wnt1 crese que está detrás do trastorno xenético chamado síndrome de Joubert, que afecta ao cerebelo.

Otx1 e Otx2 son xenes que exercen importantes funcións no desenvolvemento do encéfalo e os seus papeis cambian ao longo do desenvolvemento do encéfalo.[3] Crese que no estadio do desenvolvemento cerebral no que o encéfalo rostral está rexionalizado nas súas diferentes partes (telencéfalo, diencéfalo, metencéfalo, e mesencéfalo) os enes Otx2 e Otx1 protexen ao diencéfalo e mesencéfalo da súa caudalización en metencéfalo.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Nakamura, H., and Watanabe, Y. Isthmus organizer and regionalization of the mesencephalon and metencephalon. Int. J. Dev. Biol. 49: 231-235 (2005). doi: 10.1387/ijdb.041964hn.
  2. 2,0 2,1 2,2 Matsunaga, E., Katahira, T., and Nakamura, H. "Role of Lmx1b and Wnt1 in mesencephalon and metencephalon development""Development" (2002)
  3. 3,0 3,1 Sakurai, Yusuke; Kurokawa, Daisuke; Kiyonari, Hiroshi; Kajikawa, Eriko; Suda, Yoko & Aizawa, Shinichi (novembro de 2010). "Otx2 and Otx1 protect diencephalon and mesencephalon from caudalization into metencephalon during early brain regionalization". Developmental Biology (en inglés) 347 (2): 392–403. doi:10.1016/j.ydbio.2010.08.028. 

Véxase taménEditar