Motor ocular externo

(Redirección desde «Nervio abducens»)

O nervio motor ocular externo ou nervio abducente[1] é o sexto dos doce pares craniais. Encárgase de innervar o músculo recto lateral do ollo, que se encarga de mover o ollo cara a fóra.

Motor ocular externo
nervus abducens Editar o valor en Wikidata

Instancia declase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase depar cranial e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Innervamúsculo reto lateral (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD000010 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12665 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Orixe real

editar

Atópase no núcleo abducens, que se atopa por debaixo da ponte de Varolio.

Orixe aparente e percorrido

editar

Xorde por debaixo da ponte de Varolio e pasa por fóra da pirámide bulbar. Pode pasar por diante ou por detrás da arteria cerebelosa anteroinferior. Fura a duramadre do espazo cranial posterior, pasa xunto ós seos petrosos superior e inferior, atravesa o seo venoso cavernoso e xunto coa arteria carótide interna percorre a fendidura esfenoidal ata a órbita. Unha vez nela pasa por dentro do anel de Zinn e chega á parede externa da cavidade ocular, pegándose ó músculo recto externo.

Función

editar

Move o músculo recto externo ou lateral do ollo. É puramente motor.

Lesións do VI par

editar

Lesións no nervio producen parálise do músculo recto externo, polo que o ollo non é quen de ir cara a fóra.

  1. "Vocabulario de medicina" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 13 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

editar
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

Outros artigos

editar