Arteria carótide interna

A arteria carótide interna[1] (TA: arteria carotis interna, A12.2.06.001) é a segunda rama da arteria carótide común.[2]

Arterias do plano profundo do pescozo. A arteria carótide interna nace da arteria carótide común, sinalada como Common caroti no debuxo.
Arterias da base do cerebro. O polo temporal do telencéfalo e unha porción do hemisferio cerebelar foron retirados no lado dereito (metade esquerda do diagrama). Aspecto inferior (visto desde abaixo).

SegmentosEditar

Terminologia Anatomica (obra que contén a nomenclatura anatómica vixente) actualmente divide a arteria en catro partes: «cervical», «petrosa», «cavernosa» e «cerebral».[2][3] Porén, un sistema de clasificación da carótide interna máis recente, proposto por Bouthillier,[4] describe nela sete segmentos anatómicos. Usado a miúdo clinicamente polos neurocirurxáns, neurorradiólogos e neurólogos, este segundo sistema, de nomenclatura clínica, baséase na aparencia anxiográfica da arteria e a súa relación coa anatomía circundante, en contraste co sistema embriolóxico de clasificación. Adicionalmente, existe outro sistema de clasificación, máis antigo, baseado no traballo de Fischer de 1938, que tamén se usa comunmente, e por último existen tamén esquemas de clasificación baseados na anatomía embriolóxica da arteria carótide.

Os segmentos da arteria carótide interna son os seguintes:

  • Segmento cervical ou C1, idéntico á comunmente coñecido como porción cervical.
  • Segmento petroso ou C2.
  • Segmento lacerum ou C3.
  • Segmento cavernoso ou C4, case idéntico á que se adoita coñecer como porción cavernosa.
  • Segmento clinoideo ou C5. Este segmento non está identificado nalgunhas clasificacións máis antigas e encóntrase entre as xeralmente coñecidas como porción cavernosa e porción cerebral ou supraclinoidea.
  • Segmento oftálmico ou supraclinoideo ou C6.
  • Segmento comunicante ou terminal ou C7.

TraxectoEditar

 
Nivel da sexta vértebra cervical; aínda o nivel da arteria carótide común, pero as relacións son similares á do segmento cervical da carótide interna.
 
Segmentos da arteria carótide interna, trazados sobre un anxiograma por resonancia magnética da cabeza.

A arteria carótide interna é unha rama terminal da arteria carótide común. Nace aproximadamente a nivel da terceira vértebra cervical ou no bordo superior da cartilaxe tiroide, cando a carótide común se bifurca nesta arteria e a máis superficial arteria carótide externa.

Desde a súa orixe no bordo superior da cartilaxe tiroide (C4 ou cuarta vértebra cervical), a carótide interna ascende algo oblicua cara atrás á rexión carotídea superior, logo atravesa o espazo retroestíleo xunto co paquete vásculo-nervioso do pescozo (desde ese punto cara arriba forman dito paquete a carótide interna, a vea xugular interna e o nervio vago) e tamén xunto cos pares craneiais , 11º, 12º, os ganglios da cadea xugulocarotídea e o ganglio cervical superior da cadea simpática cervical; penetra no conduto carotídeo (porción intrapetrosa) e describe aquí dúas curvas que a levan enriba do orificio rasgado anterior na cavidade cranial. Dentro do cranio, ten un traxecto intradural no interior do seo cavernoso. Termina na apófise clinoide anterior, dividíndose en catro ramas terminais moi diverxentes: a arteria cerebral anterior, a arteria cerebral media, a arteria comunicante posterior e a arteria coroidea anterior. A arteria cerebral anterior e a arteria comunicante posterior, xunto coa comunicante anterior e a cerebral posterior, forman o círculo arterial cerebral ou polígono de Willis.

 
Arteria oftálmica coas súas ramas.
 
Sección oblicua a través do seo cavernoso.

RamasEditar

Ramifícase na arteria carotidotimpánica, arteria oftálmica, arteria comunicante posterior, arteria coroidea anterior, arteria cerebral anterior e arterias cerebrais medias.[2]

Non emite ningunha rama colateral na porción cervical. Na porción intrapetrosa emite o ramo carotidotimpánico, no seo cavernoso emite unha rama anastomótica para a arteria vidiana, outra anastomótica para a menínxea media, e, finalmente, na apófise clinoide anterior, emite unha rama importantísima, a arteria oftálmica.

As seguintes son as ramas da arteria carótide interna, listadas por segmento:[5]

DistribuciónEditar

A carótide interna rega o oído medio, cerebro, glándula pituitaria, órbita e plexo coroideo.[2]

Plexo carotídeoEditar

O tronco simpático forma un plexo de nervios arredor da arteria chamado plexo carotídeo. O nervio carotídeo interno nace do ganglio cervical superior e forma este plexo, que segue a carótide interna cara ao interior do cranio.

PatoloxíaEditar

A ateroesclerose dos primeiros 2 cm da arteria carótide interna é a que con máis frecuencia causa un accidente isquémico transitorio.[6] A arterite de Takayasu é a forma de vasculite que con maior frecuencia afecta a arteria carótide.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carótide.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Arteria carótida interna". Diccionario enciclopédico ilustrado de medicina Dorland 1 (27ª ed.). McGraw Hill Interamericana. 1996. ISBN 84-7615-983-8. 
  3. "“Internal Carotid Artery” (Medical Neuroscience)". Loyola University medical education network. 
  4. Bouthillier, Alain; van Loveren, Harry; Keller, Jefferey (marzo de 1996). "Segments of the internal carotid artery: a new classification". Neurosurgery 38 (3): 425–432. PMID 8837792. doi:10.1097/00006123-199603000-00001. 
  5. Osborn, Anne (1999). Diagnostic Cerebral Angiography (2nd ed.). Philadelphia, PA, USA: Lippincott Williams & Wilkins. ISBN 0-397-58404-0. 
  6. Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición (2006). "Capítulo 364. Enfermedades cerebrovasculares". Harrison online en español (en castelán). McGraw-Hill. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2009. Consultado o 27 de xullo de 2009. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar