Nervio olfactorio
O nervio olfactorio ou olfactivo é o primeiro par cranial. Orixínase nas células bipolares localizadas no epitelio olfactorio que recobre a maior parte do cornete superior e o teito das fosas nasais (mancha amarela). Atravesa pola lámina cribosa en feixes amielínicos (aproximadamente 20 a cada lado) rodeados por extensións dixitiformes de duramadre e aracnoide. Chegan aos glomérulos do bulbo olfactorio e a cintilla olfactoria, que sae deste. Divídese en dúas ramas, unha medial que se dirixe á área subcallosa e paraolfactoria e unha rama lateral que chega ata o uncus, na circunvolución do hipocampo. O nervio é puramente sensitivo. Cabe sinalar que dita vía, a da olfación, é a única que non pasa polo tálamo.
Nervio olfactorio | |
---|---|
Prolongacións nerviosas que desde as fosas nasais forman en conxunto o nervio olfactorio. | |
Vista inferior do cerebro humano, cos nervios craniais en inglés. | |
Latín | nervus olfactorius |
Gray: | subject #196 |
Innervación | Sensitivo: olfacto |
Proveniente de: | Neuroepitelio olfactorio situado na cavidade nasal |
Ramas | Tractos olfactorios que ingresan no diencéfalo. |
MeSH | Olfactory+Nerve |
Nervios craniais |
---|
CN I - Olfactorio |
CN II - Óptico |
CN III - Oculomotor |
CN IV - Troclear |
CN V - Trixémino |
CN VI - Abducente |
CN VII - Facial |
CN VIII - Vestíbulococlear |
CN IX - Glosofarínxeo |
CN X - Vago |
CN XI - Accesorio |
CN XII - Hipogloso |
Percorrido no nervio olfactorio
editarAchamos, ante todo, na mucosa pituitaria, células especiais, células olfactorias, cunha prolongación periférica e unha prolongación central, as cales son verdadeiras células nerviosas.
- Nervio Olfactorio : Estas prolongacións cilindroaxais remóntanse cara á cavidade cranial, constituíndo os nervios olfactorios. Estes nervios, que son os homólogos das raíces posteriores dos nervios raquídeos, atravesan de abaixo arriba os buratos da lámina crisbosa do etmoide, chegando ao cranio. Penetran inmediatamente no espesor do bulbo olfactorio.
- Bulbo olfactorio : O bulbo olfactorio (pequena masa nerviosa alongada de diante atrás, aplanada de arriba a abaixo, de 9 milímetros por 4, que descansa sobre a lámina cribosa do etmoide). É unha porción de eixo cerebro-espiñal, como o demostra a embrioloxía, e os filetes olfactorios raquídeos desaparecen na súa masa como as raíces posteriores dos nervios raquídeos no suco colateral posterior da medula.
Desde o punto de vista anatómico, o bulbo olfactorio componse de tres capas concéntricas: superficial, media e profunda
- Capa superficial : Está formada por febras nerviosas, que son precisamente as febras dos nervios olfactorios.
- Capa fonda: Está formada igualmente por febras nerviosas.
- Capa media:
- 1º Na súa zona externa, pequenas masas esféricas, os glomérulos olfactorios.
- 2º Na súa zona interna, células triangulares de base inferior chamadas células mitrais.