Nervio trixémino

O nervio trixémino é o quinto dos pares craniais. Trátase ademais do par cranial de maior grosor e número de ramas. Recolle a sensibilidade da faciana e leva información motora ós músculos mastigadores desta rexión anatómica.

Nervio trixémino
Nervio trixémino, en amarelo
Nervio trixémino, co ganglio de Gasser
Latín nervus trigeminus
Gray: subject #200 886
Ramas nervio oftálmico
nervio maxilar
nervio mandibular
MeSH Trigeminal+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

Orixe aparente

editar

Fórmase por dúas ramas procedentes da cara anterolateral da protuberancia anular. O ramo sensitivo é o de maior calibre e leva por dentro a rama motora, moito máis pequena.

Orixe real

editar

Atópase en varios núcleos. Un é motor e tres son sensitivos:

  • Núcleo motor: atópase na profundidade da protuberancia, por riba do núcleo do nervio facial.
  • Núcleos sensitivos:
    • Núcleo mesencefálico: atópase na substancia gris do mesencéfalo. Recolle información propioceptiva.
    • Núcleo sensitivo principal: áchase na substancia gris da ponte de Varolio. Recolle sensibilidade tactil epicrítica.
    • Núcleo espiñal/bulboespiñal: atópase no bulbo e na medula espiñal. Recolle información táctil, térmica e dolorosa.

Traxecto

editar

Despois de saír da protuberancia, ascende e penetra no cranio, na porción petrosa do temporal. Neste óso, na cara anterosuperior desa porción, atoparemos o ganglio de Gasser. Neste ganglio atopamos o núcleo das neuronas do V par. Del partirán as ramas do V par cranial.

Ramos do V par

editar