Os bulbos olfactivos[1] son dúas zonas do encéfalo, situadas debaixo da parte anterior de cada un dos hemisferios cerebrais, protexidas e apoiadas polas láminas cribriformes. O bulbo olfactivo é a sede central para a elaboración das impresións olfactivas transmitidas polo nervio correspondente. A lámina cribrosa presenta varias aberturas polas que pasan os distintos feixes nerviosos que forman o nervio olfactivo, un dos 12 pares de nervios craniais.

Bulbo olfactorio por Vesalius, 1543.
Nervio olfactorio.

Estes bulbos son a principal área olfactiva do cerebro. Cando captan un cheiro, as células receptoras envían sinais eléctricos aos glomérulos, que están situados no bulbo olfactivo. Un bo cheiro é capaz de espertar emocións fortes nunha persoa, isto pódese explicar pola influencia das conexións do sistema olfactivo co sistema límbico, responsable das emocións.

Notas editar

  1. "Termo 'olfactivo' no dicionario da RAG". DRAG. Consultado o 2-1-2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar