Oído interno
O oído interno é a parte do oído máis interna, que contén a cóclea e o aparello vestibular composto por tres canles semicirculares e polo vestíbulo.
O oído externo focaliza, dirixe e amplifica as ondas sonoras. No oído medio, a enerxía destas ondas transfórmase en vibracións mecánicas da estrutura ósea do oído medio, un dos seus tres ósos menores, o estribo, movéndose fóra e dentro na fiestra oval da cóclea transmite o impulso cinético ao líquido da cóclea, a perilinfa e por medio da endolinfa presente na scala media transmítese á scala tympani, entrando tamén en vibración a membrana que separan as scalas da cóclea. No Órgano de Corti, que é a estrutura celular composta por case 20.000 células acústicas que están en contacto coas células nerviosas que fan parte do nervio acústico e de alí o sinal chega á área acústica do córtex cerebral e logo ao lobo temporal do cerebro que posibilita a percepción do son.