Escala timpánica
(Redirección desde «Scala tympani»)
A escala timpánica[1] ou rampla timpánica (scala tympani) é unha cavidade da cóclea e xunto coa escala vestibular contén perilinfa. A membrana basilar sepáraa da terceira cavidade, a escala media.
O propósito da escala timpánica, e tamén da escala vestibular é transmitir o movemento do aire, que provocan o tímpano e a cadea osicular ao vibraren, ao líquido que causa que a membrana basilar atinxa un pico de amplitude nun lugar específico. Este movemento transmítese ao órgano de Corti, xa na escala media.