O rombencéfalo (ou cerebro posterior) é unha porción do encéfalo embrionario que forma a parte do encéfalo que rodea o cuarto ventrículo e conecta coa medula espiñal, e está formado polo metencéfalo e o mielencéfalo. Comprende o bulbo raquídeo, a ponte de Varolio, e o cerebelo. O rombencéfalo mantén procesos corporais vitais como a respiración, sistema cardíaco, coordinación muscular, entre outros.[1]

Esquema das subdivisións dun cerebro embrionario de vertebrado co rombencéfalo en verde.
Cerebro embrionario de 4 semanas.
As tres partes derivadas do rombencéfalo: cerebelo, ponte e bulbo.
Rombencéfalo.

O rombencéfalo pode subdividirse nun número variable de avultamentos transversais chamados rombómeros. No embrión humano poden distinguirse oito rombómeros, que desde o caudal ao rostral son: Rh8-Rh1. Rostralmente, o istmo marca os límites co cerebro medio ou mesencéfalo.

Existe unha rara enfermidade do rombencéfalo chamada "rombencefalosinapse", que se caracteriza pola ausencia de vermis, o que orixina un cerebelo fusionado. Os pacientes xeralmente presentan ataxia cerebelar (falta de coordinación muscular).

O rombencéfalo caudal foi xeralmente considerado o sitio de iniciación do peche do tubo neural.[2]

Mielencéfalo

editar

Os rombómeros Rh8-Rh4 formam o mielencéfalo.

O mielencéfalo forma o bulbo raquídeo no cerebro adulto, e contén:

Metencéfalo

editar

Os rombómeros Rh3-Rh1 forman o metencéfalo.

O metencéfalo está composto pola ponte de Varolio e o cerebelo, e contén:

Evolución

editar

O cerebro posterior é homólogo dunha parte do cerebro dos artrópodos chamada ganglio subesofáxico, en canto aos xenes que se expresan e a súa posición entre o cerebro e o cordón nervioso.[3] Baseándose nisto suxeriuse que o cerebro posterior evolucionou primeiro nos Urbilaterianos, que son os últimos antepasados comúns de cordados e artrópodos, hai entre 570 e 555 millóns de anos.[3][4]

Outras imaxes

editar
  1. "Brain atlas - Hindbrain". Lundbeck Institute - Brain explorer. Consultado o 2013-06-04. 
  2. "SpringerLink - Journal Article". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 03 de setembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Ghysen A (2003). "The origin and evolution of the nervous system". Int. J. Dev. Biol. 47 (7–8): 555–62. PMID 14756331. 
  4. Haycock, DE Being and Perceiving

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar