Abrir o menú principal
Sección saxital media do encéfalo humano (continuada caudalmente coa medula espiñal, 9). A parte visible do ventrículo cerebral está coloreada de azul semitransparente.
1. Cerebro : 2. Telencéfalo (sinalado o lobo frontal), 3. Diencéfalo.
4. Tronco do encéfalo : 5. Mesencéfalo, 6. Protuberancia, 7. Bulbo raquídeo.
8. Cerebelo .

O encéfalo humano (do grego "εν" en, dentro, e "κεφαλη" cefalé, cabeza, «dentro da cabeza»), é a masa de tecido nervioso situada dentro do cranio que forma a parte superior e de maior masa do sistema nervioso. Forma parte do sistema nervioso central xunto coa medula espiñal, coa cal se continúa. Está composto por tres partes: prosencéfalo, mesencéfalo e rombencéfalo. O prosencéfalo é o cerebro. O mesencéfalo e parte do rombencéfalo (bulbo raquídeo e ponte de Varolio) xuntos forman o tronco encefálico ou talo encefálico. O cerebelo está unido ao tronco encefálico.

Dentro do encéfalo están os ventrículos cerebrais. Do encéfalo saen os doce pares de nervios craniais.

CaracterísticasEditar

Está protexido polos ósos do cranio na cavidade cranial.

É a estrutura central máis importante do sistema nervioso e pesa arredor de 1,4 kg, aínda que isto varía coa idade e o sexo da persoa.

CerebroEditar

Artigo principal: Cerebro.

O cerebro é a parte máis grande do encéfalo. Visto desde fóra divídese en dous hemisferios (esquerdo e dereito) e caracterízase pola súa superficie con pregamentos irregulares chamados circunvolucións ou xiros cerebrais, máis marcados nos humanos ca en calquera outro animal, e entre eles hai liñas irregulares chamadas cisuras. O cerebro, por convención e fixándose en certos límites marcados por algunhas das cisuras, divídese en lobos: frontal, parietal, temporal e occipital. O cerebro, como todas as partes do sistema nervioso central contén substancia branca e substancia gris. Esta última está en menor cantidade e é a que forma o córtex cerebral, e a branca está na parte interior. Na parte inferior está o diencéfalo, que o conecta co tronco cerebral.

Tronco encefálicoEditar

Artigos principais: Tronco encefálico e Bulbo raquídeo.

O tronco encefálico comunica o cerebro cosa medua. No tronco encefálico contrólanse as actividades involuntarias, como a tose, vómito, espirro, control automática da respiración e latexo cardíaco, vasoconstrición, control da secreción de saliva e zumes dixestivos etc.

O mesencéfalo está situado por diante da ponte. Está atravesado polo acueduto de Silvio; no seu teito están os tubérculos cuadrixéminos e únense ao cerebelo polos pedúnculos cerebelosos superiores.

A ponte de Varolio está por encima do bulbo e intervén na programación dos impulsos dun a outro hemisferio. Os pedúnculos cerebelosos medios úneno co cerebelo.

A parte inferior do tronco é o bulbo raquídeo, que se comunica co cerebelo polos pedúnculos cerebelosos inferiores. O bulbo raquídeo é unha prolongación da medula espiñal e é o órgano que establece unha comunicación entre o cerebro e a medula.

CerebeloEditar

Artigo principal: Cerebelo.

O cerebelo está na parte posterior do tronco encefálico. Presenta dous hemisferios separados por un releve chamado vermis, e circunvolucións e sucos que o dividen en lobos. Intervén na coordinación dos movementos do corpo e no equilibrio.

Ventrículos cerebraisEditar

Os ventrículos cerebrais son catro cavidades cheas de líquido cefalorraquídeo, que están no interior do encéfalo. Os hemisferios cerebrais cobren o I e II ventrículos. O III ventrículo está no tálamo. A ponte de Varolio e o bulbo encerran o IV ventrículo.

Nervios craniaisEditar

Os doce pares de nervios craniais pertencen ao sistema nervioso periférico, pero saen do encéfalo. O par I sae do bulbo olfactorio do telencéfalo, o II do diencéfalo, o III e o IV do mesencéfalo, o V da ponte e do VI ao XII do bulbo.

Desenvolvemento e partes do encéfaloEditar

 
Esquema do encéfalo humano. Seccións principais do tronco ou talo encefálico.[1]

No embrión de catro semanas despois do peche do tubo neural e a conformación da crista neural, iníciase o desenvolvemento das tres vesículas encefálicas primarias: prosencéfalo, mesencéfalo e rombencéfalo. A primeira e a última subdivídense despois, orixinando as 5 vesículas, que forman o telencéfalo, diencéfalo, mesencéfalo, metencéfalo e mielencéfalo. Ao final queda dividido así:

  1. Prosencéfalo: que se divide en:
    1. Telencéfalo
      1. Córtex cerebral que inclúe: lobo occipital (visión), lobo parietal (órganos da sensación e cinestésicos), lobo temporal (audición e preto do hipocampo o olfacto), lobo frontal (entendemento, percepción e zona motora). Os lobos frontal, parietal e temporal encárganse da aprendizaxe e todo o córtex se encarga da linguaxe, con certas áreas especializadas.
      2. Corpo estriado
      3. Rinencéfalo
    2. Diencéfalo:
      1. Epitálamo: Contén a glándula pineal, produtora de melatonina.
      2. Tálamo: Dúas grandes masas ovoides. Por detrás do tálamo están os corpos xeniculados, que son centros ópticos e auditivos. O tálamo é unha zona de control das sensacións, xa que son un punto de relevo (sinapse]]s das vías sensitivas.
      3. Subtálamo: Estrutura diencefálica situada entre mesencéfalo, tálamo e hipotálamo.
      4. Hipotálamo: que comprende: quiasma óptico, tuber cinereum, tubérculos mamilares e neurohipófise que segrega dúas hormonas: oxitocina e vasopresina; é o centro regulador das emocións (sistema límbico) e control físico.
  2. Mesencéfalo (cerebro medio): Posúe os tubérculos cuadrixéminos que son catro, dous superiores ou anteriores relacionados coa visión e dous inferiores ou posteriores relacionados cos fenómenos auditivos e é o que filtra a información entre o rombencéfalo e o prosencéfalo
  3. Rombencéfalo
    1. Metencéfalo
      1. Cerebelo: Control do movemento, enerxía muscular, postura.
      2. Protuberancia ou ponte de Varolio. É un engrosamento situado por encima do bulbo.
    2. Mielencéfalo
      1. Bulbo raquídeo ou medula oblonga: Control das funcións básicas como circulación do sangue a través do corazón e respiración.

NotasEditar

  1. Snell RS (2003) Neuroanatomía clínica: Panamericana. 554 p.