Lobo frontal
O lobo frontal ou lóbulo frontal é un lobo cerebral do córtex cerebral. Nos seres humanos é unha parte altamente desenvolvia e dunha medida superior á do resto dos animais. Atópase situado por diante dos lobos parietais. Filoxenéticamente é o máis tardío e iso quere dicir que soamente está desenvolvido en animais máis complexos, en especial os homínidos.

Azul: Lobo frontal
Verde: Lobo temporal
Rosa: Lobo occipital
Amarelo: Lobo parietal
As súas funcións relaciónanse coa atención, a memoria a longo termo e a capacidade de planificar a propia acción mediante a elección e o establecemento dos obxectivos. Tamén é responsábel do mecanismo que permite comparar feitos ou corpos e chegar a conclusións sobre semellanzas e diferenzas entre eles. A afectación da área 44, chamada tamén área de Broca e contida dentro do lobo frontal, provoca unha afasia denominada afasia de Broca. Esta área encárgase da produción da linguaxe.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lobo frontal |