Abrir o menú principal
Óso occipital. Vista interior.

Foramen magnum, forame magno ou burato occipital, son os nomes do orificio maior do cranio, situado na súa parte posteroinferior (base do cranio), a través do cal se establece a continuidade do sistema nervioso central, continuando o bulbo raquídeo cara o raque.

É o burato máis importante das diversas aberturas ovaladas ou circulares da base do cranio (foramina), a través do cal o bulbo raquídeo (unha extensión da medula espiñal) entra e se desenvolve no cranio.

Á parte da transmisión do bulbo raquídeo e as súas membranas (meninxes), o burato occipital tamén permite a saída do nervio accesorio (XI), e a entrada das arterias vertebrais, as arterias espiñais (anterior e posterior), a membrana tectoria e os ligamentos alares.

ImportanciaEditar

Unha das grandes diferenzas anatómicas do ser humano cos demais homínidos é o ángulo da articulación do atlas co foramen magnum; nos seres humanos, o burato é máis inferior que nos outros homínidos, nos que o atlas articula nun plano oblicuo co foramen magnum, mentres que no home o plano desta articulación é paralela ao chan. Na evolución do home, canto máis abaixo estivera o burarto occipital máis ergueira era a posición da especie, o que implicaba un maior bipedismo.

Así, nos seres humanos, os músculos do colo (incluíndo o músculo occipito-frontal) non necesitan seren tan fortes como para manter a cabeza ergueita. A posición comparativa do burato nos primeiros homínidos é útil para determinar o grao de confort dunha determinada especie, mentres camiñaba sobre dúas extremidades (bipedismo) en lugar de facelo sobre as catro (cuadrupedismo).[1][2]

Galería de imaxesEditar

Ilustración do occipital (cara exterior) 
Ilustración da base do cranio (cara interior) 
Ilustración da base do cranio (cara superior) 
Fotografía da base do cranio 
Foramen magnum 

NotasEditar

  1. Arsuaga, J. L., Martinez, I., Lorenzo, C., Gracia, A., Muñoz, A., Alonso, O. e Gallego, J. (1999): "The human cranial remains from Gran Dolina Lower Pleistocene site (Sierra de Atapuerca, Spain)". Journal of Human Evolution, 37: 431-457.
  2. Arsuaga, J. L. e Martínez, I. (1998): La especie elegida. Madrid: Ediciones Temas de Hoy. ISBN 978-84-7880-909-7

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Cela Conde, Camilo José e Ayala, Francisco, J. (2001): Senderos de la evolución humana. Madrid: Alianza Editorial.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar