Teofilina

composto químico

A teofilina é un alcaloide da familia das metilxantinas, a mesma á que pertencen a cafeína e a teobromina. O seu nome químico é 1,3 dimetilxantina. Funde a 272 °C. Encóntrase naturalmente no té negro e no té verde.

O seu principal efecto é a dilatación xeral dos vasos periféricos, o que produce broncodilatación (úsase para tratar a asma). Tamén é estimulante do sistema nervioso central, por estimulación a nivel da cortiza cerebral, sensación de calor na pel e pesadez de pernas e brazos.

A teofilina é especialmente diurética, polo que axuda á eliminación de líquidos, a través da urina.