Macela
Macela | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Matricaria chamomilla' L. | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Chamomilla chamomilla (L.) Rydb. |
A macela ou camomila,[3] Matricaria chamomilla ou Matricaria recutita, é unha planta herbácea aromática da familia das compostas. Posúe un talo feble, ramudo, con flores de centro amarelo e corola branca. Emprégase como herba medicinal, pois posúe propiedades calmantes e dixestivas. Os nomes máis comúns segundo os ALPI en galego son magarza e gamarza.
Sinónimos desta planta son: Chamomilla chamomilla, Chamomilla recutita (nome aceptado para a flora europea) e Matricaria suaveolens.
Ás veces emprégase como herba de San Xoán.
Características
editarA macela común é unha planta herbácea, de talo cilíndrico, ergueito, ramoso, de até 50 cm de altura. Presenta follas alternas, bipinnatisectas, cos folíolos. En posición terminal presenta polo verán unha inflorescencia en forma de capítulo paniculado. As flores radiais son duns 20 mm, coa lígula branca, mentres que os do disco son numerosos, hermafroditas; o receptáculo é oco e carece de escamas, o que permite distinguila facilmente da macela brava (Anthemis arvensis) (L.) Pall. ex M.Bieb. As flores son un pouco amargas e recendentes.
Hábitat e distribución
editarÉ nativa da rexión dos Balcáns, dende onde se espallou cara Europa. Está naturalizada en varias rexións do Novo Mundo. Cultívase tamén para o seu uso industrial. Medra de xeito doado en solos ben drenado, con bastante sol; resiste as xeadas, a escaseza de nutrientes e a acidez do solo.
Uso
editarO talo tenro e as sumidades floridas úsanse secos ou frescos en infusión, recendente e lixeiramente agre. Confúndese moitas veces coa macela dourada (Chamaemelum nobile) e non é claro a cal se refiren os autores ao mencionar as súas propiedades medicinais, mais considérase dixestiva, carminativa, sedante, tónica, vasodilatadora e antiespasmódica.[4] O aceite esencial emprégase en aromaterapia, e a infusión das flores aplícase ao cabelo para incrementar a súa cor dourada e loura, en especial nos cativos.
Composición
editarO aceite esencial supón entre un 0,4 e un 1,0% da planta fresca; contén sesquiterpenoides (1-alfa-bisabolol e derivados: bisabolóxidos A, B e C, bisabonolóxido A), antecotulide, camazuleno, lactonas sesquiterpénicas, carburos terpénicos (cadineno, cis-espiro-éter e trans-espiro-éter, farneseno), flavonoides (apixenina, luteolina, quercetina e patuletina), cumarinas (dioxicumarina, herniarina, umbeliferona), resinas (triacontano, fitosterina), ácido valeriánico e fenois.
Emprégase medicinalmente como antiinflamatoria, antiespasmódica e ansiolítica, sen relaxación muscular.
Pode provocar dermatite de contacto en persoas sensíbeis, e téñense informado casos de anafilaxe entre alérxicos.
Taxonomía
editarMatricaria recutita foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 891. 1753.[5]
- Camomilla deflexa Gilib.
- Chamaemelum suaveolens E.H.L.Krause
- Chamaemelum vulgare Bubani
- Chamomilla chamomilla (L.) Rydb.
- Chamomilla courrantiana (DC.)
- Chamomilla officinalis K.Koch
- Chamomilla patens Gilib.
- Chamomilla recutita (L.) Rauschert
- Chamomilla recutita subsp. bayeri
- Chamomilla vulgaris Gray
- Chrysanthemum chamomilla (L.) Bernh.
- Chrysanthemum suaveolens (L.) Cav.
- Courrantia chamomilloides Sch.Bip.
- Matricaria bayeri Kanitz
- Matricaria capitellata Batt. & Pit.
- Matricaria courrantiana DC.
- Matricaria exigua Tuntas
- Matricaria kochiana Sch.Bip.
- Matricaria pusilla Willd.
- Matricaria salina (Schur) Schur
- Matricaria suaveolens L.[6]
- Matricaria chamomilla L.[7]
Notas
editar- ↑ USDA, NRCS (n.d.). "Matricaria chamomilla". The PLANTS Database (plants.usda.gov) (en inglés). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 2008-06-15.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Matricaria recutita (TSN 38079)" (en inglés).
- ↑ Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004
- ↑ La manzanilla (Matricaria chamomilla) Un remedio muy eficaz para aliviar los excesos alimenticios.
- ↑ "Macela". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de xuño de 2012.
- ↑ Macela en PlantList
- ↑ Sinónimos en Catalogue of life Arquivado 27 de maio de 2009 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Usos do aceite esencial de macela en aromaterapia (inglés Arquivado 22 de marzo de 2006 en Wayback Machine.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Macela |