Louro (pelo)
Louro[1] ou loiro[2] (do latín Laurus) é unha cor do cabelo humano que oscila entre o amarelo e o castaño claro, caracterizada por baixos niveis de pigmentos escuros (eumelanina) e altos niveis de feomelanina [3].
Do acastañado-claro ao louro clarísimo, os distintos graos de louro se atopan naturalmente en menos de 2% da poboación adulta de todo o mundo.
Outros termos para persoas louras son laurícomos e lauricápilos (do latín, laurus, 'o loureiro', e o grego κόμη cómê, 'cabeleira', e capilum, 'pelo'), flavícomos (de flavus, 'amarelo'), fulvícomos (de fulvius, cor de lume) e blondícomos (blundus).
Orixes
editarOs cabelos louros teñen lugar, por suposto, en humanos de todas as etnias, pero nun grao tan pequeno que é difícil de ser notado na maior parte das poboacións. En Escandinavia e nos países do mar Báltico, a aparición de cabelos loiros é máis frecuente. É unha das características dalgúns fenotipos nos individuos brancos caucásicos.
Baseado en recentes estudos xenéticos, é probable que humanos con cabelos louros tornáronse máis numerosos en Europa aproximadamente hai once mil anos, durante a última Idade do xeo.[4][5]
Distribución polo mundo
editarOs cabelos louros son unha característica das poboacións do norte de Europa, de Europa Central e Oriental, nas poboacións bérberes do norte de África, en Asia principalmente entre os pachtuns e os Nuristani. Ademais de Europa, os descendentes de europeos que se espallaron polo mundo tamén poden presentar cabelos claros, principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Australia, Nova Zelandia e outros países de colonización anglosaxoa.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Louro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Loiro. Non obstante, a forma recomendada é louro/a.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 21 de novembro de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2007. Consultado o 21 de novembro de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2006. Consultado o 21 de novembro de 2010.