Atlas Lingüístico da Península Ibérica

O Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) é un proxecto de atlas lingüístico concibido en 1914 por Ramón Menéndez Pidal e encargado ó seu discípulo Tomás Navarro Tomás. O proxecto baseouse nuns cadernos de enquisa elaborados en 1930-31, e 3 equipos de enquisadores encargáronse de recoller os datos correspondentes a eses cadernos en 527 puntos de enquisa, xeralmente poboacións pequenas, previamente seleccionadas para cubrir do xeito máis completo posible todas as variantes lingüísticas da Península Ibérica, Rosellón e Baleares, agás a área de lingua éuscara. Non se incluíron as illas Canarias, as Azores nin Madeira. A meirande parte do traballo de enquisa realizouse entre 1931 e 1935, e o resto completouse entre 1947 e 1954.

Seguindo a metodoloxía habitual dos primeiros atlas lingüísticos, en cada punto de enquisa (vila ou aldea) escollíase un informador, preferíndose que fose natural do lugar, que tivese saído pouco del, que tivese pouca instrución e que fose de idade madura. Deste xeito esperábase recoller as características máis xenuínas da fala de cada lugar. A continuación pedíase ó informador que dese a expresión habitual no lugar para unha serie de palabras e frases (definidos na enquisa) e a súa resposta era copiada por medio de transcrición fonética. Esta transcrición é sumamente detallista, con niveis de diferenciación fonética moi superiores, por exemplo, ós do Alfabeto Fonético Internacional.

Os enquisadores foron os seguintes:

A partir dos resultados das enquisas, estaba previsto elaborar o Atlas propiamente dito, en 10 tomos, pero finalmente só o primeiro tomo viu a luz.

Desventuras do ALPIEditar

Os traballos de enquisa tiveron que ser interrompidos a consecuencia da guerra civil española de 1936-39. Tomás Navarro Tomás tivo que exiliarse, e levou consigo os materiais do ALPI.

Un dos enquisadores, Aníbal Otero, foi acusado de espionaxe, aparentemente polo feito de usar signos de transcrición fonética nos seus cadernos de enquisa, e condenado a morte. Máis tarde foi amnistiado, e permaneceu en prisión ata 1941.

En 1951 os materiais foron devoltos a España, por mediación do CSIC, tras pactarse que se acabarían as enquisas pendentes e se publicaría o Atlas.

En 1962 publicouse o primeiro volume dos 10 previstos, pero suspendéronse inmediatamente os traballos, e xa non se publicaron máis volumes. Os cadernos de enquisa quedaron gardados dispersos en diversos lugares públicos e privados. Desde 1999, o profesor David Heap, da Universidade de Ontario Occidental, vén fotocopiando os cadernos e publicando os facsímiles na Internet.

En 2007 emprendeuse un proxecto internacional, coordinado polo Centro de Humanidades y Ciencias Sociales do Consello Superior de Investigacións Científicas, para elaborar unha edición dixital completa de todos os materiais recadados para o ALPI. O proxecto está coordinado pola investigadora do CSIC Pilar García Mouton e nel participan Inés Fernández-Ordóñez (Universidade Autónoma de Madrid - Real Academia Española), David Heap (University of Western Ontario), Maria Pilar Perea (Universidade de Barcelona), João Saramago (Centro de Linguística, Universidade de Lisboa) e Xulio Sousa (Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela).[1]

Rede de puntos do ALPIEditar

En GaliciaEditar

A Coruña

Lugo

Pontevedra

Ourense

En PortugalEditar

Viana do Castelo

Braga

Porto

Vila Real

Braganza

Guarda

Viseu

Aveiro

Coímbra

Castelo Branco

Leiria

Santarém

Portalegre

Lisboa

Setúbal

Évora

Beja

Faro

En Asturias, a Rexión de León e EstremaduraEditar

Oviedo

León

Zamora

Salamanca

Cáceres

Badaxoz

En Castela a Vella, o País Vasco, Castela a Nova e AlbaceteEditar

Santander

Palencia

Burgos

Biscaia

Áraba

Logroño

Valladolid

Segovia

Soria

Ávila

Madrid

Guadalaxara

Toledo

Cuenca

Cidade Real

Albacete

En Andalucía e MurciaEditar

Córdoba

Xaén

Huelva

Sevilla

Cádiz

Málaga

Granada

Almería

Murcia

En Navarra e AragónEditar

Navarra

Huesca

Zaragoza

Teruel

En Andorra, Rosellón, Cataluña, Rexión Valenciana e BalearesEditar

Andorra

Rosellón

Lleida

Xirona

Barcelona

Tarragona

Castelló

Valencia

Alacant

Illas Baleares

NotasEditar

  1. Na páxina do proxecto pode encontrarse información actualizada sobre o estado dos traballos.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar