Camomila brava

especie de planta
(Redirección desde «Macela brava»)

A camomila brava ou macela brava[1] (Anthemis arvensis) é unha herba anual nativa de Europa pertencente á familia das asteráceas.

Descrición editar

É unha planta herbácea anual, de até 50 cm de altura. Os talos son glabros, moi numerosos, de cor avermellada na rexión basal tornándose averdados máis preto do extremo. As follas son bi- ou tripinnatisectas, cos folíolos lineares. Florea cara finais da primavera, formando un capítulo terminal con flores liguladas brancas unisexuais, e flosculosas tubulares, amarelas, hermafroditas no disco. As lígulas extremas de cor branca son regulares, tridentadas e ovadas, de até 1 cm de lonxitude; caen cara a abaixo laxamente tras a floración, tapando o invólucro pero sen chegar a se caer. As flores externas ábrense antes. O receptáculo entre as flores é escamoso. O froito é un aquenio liso, de sección cuadrangular ou arredondada.

Hábitat editar

Medra en gabias e beirís de camiños, e coma mala herba en leiras.

Propiedades editar

Indicacións:: Febrífugo, resolutivo, vermífugo.[2]

Taxonomía editar

Anthemis arvensis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 894. 1753.[3]

 
  • Anthemis chevalieri Sennen
  • Anthemis gemmelarii Tineo
  • Anthemis granatensis Boiss.
  • Anthemis sallei Sennen & Elías
  • Anthemis agrestis Wallr.
  • Anthemis anglica Spreng.
  • Anthemis kitenensis Thin
  • Anthemis sallei Sennen & Elias
  • Chamaemelum arvense (L.) Hoffmanns. & Link[4]
  • Anthemis cyllenea Halácsy
subsp. incrassata (Loisel.) Nyman
  • Anthemis australis Willd.
  • Anthemis clavata Guss.
  • Anthemis gemmellarii Tineo
  • Anthemis incrassata Loisel.
  • Anthemis nicaeensis Willd.
  • Anthemis pedunculata var. laevis (Emb. & Maire) Maire
  • Anthemis ruthenica subsp. requienii Nyman
  • Anthemis tuberculata var. laevis Emb. & Maire[5]
subsp. sphacelata (C.Presl) R.Fern.
  • Anthemis brevifolia Lojac.
  • Anthemis sphacelata[6]

Notas editar

  1. Nomes vulgares galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004
  2. "Anthemis arvensis". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009. 
  3. "Camomila brava". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 11 de xuño de 2012. 
  4. http://www.theplantlist.org/tpl/record/gcc-110396 en PlantList
  5. subsp. incrassata en PlantList
  6. subsp. sphacelata en PlantList

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar