• Este artigo trata sobre a bebida, para a planta véxase o artigo herba mate.

O mate[1] (en guaraní, ka’ay)[2] é unha infusión tradicional na metade sur de Suramérica (a Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Paraguai e Uruguai) feita con follas de herba mate.[3] Ten un sabor amargo polos taninos das follas, polo cal algunha xente bótalle azucre, mel ou outros edulcorantes.

Presentación dun mate con calabaza e bombilla.

A herba mate posúe unha pequena cantidade de cafeína, o que fai que esta infusión poida ter un efecto estimulante nos consumidores. Non obstante, as marcas comerciais de mate adoitan engadirlle outras herbas co fin de reducir a acidez da infusión, e algunhas desas herbas teñen un efecto sedante que contrarresta o efecto estimulante da cafeína.

Esta bebida xa era consumida polos guaranís na época precolombiana, e foi adoptada polos colonizadores españois, pasando a formar parte axiña da identidade cultural das futuras sociedades da Arxentina, Paraguai e o Uruguai.

Preparación

editar

A infusión prepárase nun recipiente chamado mate ou calabaza, que se enche con tres cuartas partes de herba mate. A herba mate está secada, cortada e molida. Despois tápase coa man e ponse boca abaixo, axítase, e ponse de novo boca arriba con tino, de xeito que a superficie fique inclinada. Por unha beira a herba ten que chegar ata o bordo, e pola outra ten que estar mais baixa. Despois engádeselle un pouco de auga a uns 90 °C, agárdase a que a absorba, e despois ségueselle botando auga quente. O seguinte paso e introducir a bombilla pola parte oposta á que ten mais herba. A bombilla é unha palliña metálica coa que se suga a infusión. Esta ten que ser introducida tapando cun dedo o burato superior, para que as herbas non entren e bloqueen o seu interior.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Información sobre o mate (en castelán)

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mate.
  2. "Mate – Dicionario Guaraní-Galego". Glosbe. Consultado o 2024-08-10. 
  3. Ortiz, Elisabeth Lambert (1998-09-09). Cocina Latinoamericana: Más de 250 recetas de las más sabrosas de los países americanos desde México a la Patagonia (en castelán). EDAF. p. 407. ISBN 978-84-414-0421-2.