Abrir o menú principal

Parietaria común

especie de planta
Parietaria
P. officinalis
P. officinalis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Urticales
Familia: Urticaceae
Xénero: Parietaria
Especie: 'P. officinalis'
Nome binomial
'Parietaria officinalis'
L.
Sinonimia
  • Parietaria erecta Mert. & W.D.J.Koch

A parietaria[1] Parietaria officinalis é unha especie de planta de flor pertencente á familia Urticaceae. Esténdese por Europa central e meridional, Asia occidental e norte de África. É unha planta moi común que medra nas paredes de edificios abandonados, vellos e ruínas, por sito ás veces recibe o nome de herba dos muros[2]. Tamén se coñece co nome de paleiro[3].

CaracterísticasEditar

É unha planta herbácea perenne con moitas gallas cubertas de peliños rugosos. Ten os talos de cor vermella e acada unha altura de 70 centímetros. Ten as follas de cor verde escura e son de 3 cm de longo por 1.5 cm de largo, alternas, pecioladas, ovadas e recortadas polos extremos, con peliños só polo envés. As flores son averdadas ou abrancazadas e agroman nas axilas das follas sen pedúnculos e agrupadas de cinco en cinco formando glomérulos. O froito é un aquenio negro e brillante.

PropiedadesEditar

Modo de Emprego - Infusión: Pór 1 cullerada pequena de planta por cunca. Engadir auga a ferver, deixar repousar 5-10 minutos e filtrar. - Decocción (raíz, talos): Botas a planta en auga a ferver, ferver uns 2-5 minutos, deixar repousar 5-10 minutos e filtrar, na proporción dunha culler por cunca.

NotasEditar

  1. Nome vulgar galego en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. O nome de herba dos muros adoita corresponder á especie Parietaria judaica
  3. Leandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar