Abrir o menú principal

O ourego[1] (Gl-ourego.ogg pronunciación ) (Origanum vulgare) é unha planta labiada orixinaria de Europa, rexión mediterránea e Asia central e do sur. É unha herba perenne que chega a medir de 20 a 80 cm de alto, con follas opostas que miden 2 a 4 cm. de longo. As flores son brancas ou purpúreas, nacen en inflorescencias terminais moi ramificadas, están protexidas por folliñas moi pequenas de cor vermello e miden 3–4 mm. O seu nome deriva do grego origanon (ὀρίγανον), de oros (ὄρος), "montaña” + o verbo ganousthai (γανοῦσθαι) "deleitarse con".

A planta posúe unhas glándulas pequenas que conteñen a esencia aromática, de cor amarelo limón composta por un estearopteno e dous tipos de fenois, un deles o carvacrol. As raíces conteñen estaquiosa e os talos substancias tánicas. O ourego e unha herba moi importante na cociña, particularmente na zona mediterránea. A parte usada na cociña son as follas, sendo as secas máis aromáticas cas verdes.

Índice

Propiedades medicinaisEditar

O ourego destaca polas súas propiedades medicinais, sendo as máis importantes as súa actividade antioxidante, antimicrobiana e, en estudos bastante primarios, antitumoral, tamén é considerada tónica e dixestiva

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Nome galego normativo en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar