Seixebra

especie botánica
(Redirección desde «Ourego bravo»)

A seixebra [1]Teucrium scorodonia, é unha planta herbácea perenne da familia das Lamiáceas de follas enteiras e flores brancas, amarelas ou avermelladas, agrupadas en inflorescencias. Medra nas zonas temperadas, incluíndo Galiza e adoita usarse coma ornamental[2]. Tamén recibe os nomes de ourego bravo e sarxa brava[3].

Detalle das flores.
Follas.
Ilustración
Seixebra

Aspecto xeral.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Ajugoideae
Tribo: Teucrieae
Xénero: Teucrium
Sección: Scorodonia
Especie: 'T. scorodonia'
Nome binomial
'Teucrium scorodonia'
L., Sp. Pl., vol.2, p. 564, 1753 [1]

Descrición

editar

Arbusto anano viloso, de talos ergueitos e ramosos de até 50 cm ou máis. Follas triangulares-ovadas de baseen forma de corzón, con dentes arredondados, engurrados, peciolados. Flores amarelo-averdadas, raramente brancas ou vermellas, en inflorescencias longas, simples ou ramosas, laxas, espiciformes. Corola de 9 mm, de pelo tipo la, estames moito máis longos. Cáliz acampanado, bilabiado, con labios tomentosos e a metade de longo ca o cáliz, que está curvado e é protuberante no baseamento. Florea a final da primavera e polo verán.

Hábitat e distribución

editar

Sotobosque de faiais, sobreirais, caxigaisfreixedos, piñeirais, fragas, uceiras, herbeiras, pasteiros montanos, lamazais, lugares húmidos e sombríos, beirís dos camiños e beiras dos regueiros, fendas de rochas, noiros rochosos, lugares abertos e asollados, en substrato silíceo, area ou calcario; medra dende o nivel do mar até 2000 m de altitude. Florea de maio a novembro. Aparece en Galiza e en case toda a Península Ibérica, agás o Levante e o sueste.[4] Distribúese tamén en practicamente por toda Europa, e esténdese até Tunisia polo sur.[5]

Taxonomía

editar

Teucrium scorodonia, foi descrita por (Coss. ex Pau) Castrov. & Bayon e publicado en Anales del Jardín Botánico de Madrid 47: 508. 1989[1990].[6]

Etimoloxía

Teucrium: nome xenérico que deriva do grego τεύχριον, e despois do latín teucri, -ae e teucrion, -ii, usado por Plinio o Vello en Historia naturalis, 26, 35 e 24, 130, para designar o xénero Teucrium, mais tamén o Asplenium ceterach, a douradiña, unha especie de fento (25, 45).[7] Hai outras interpretacións que derivan o nome de Teucri, -ia, -ium, dos troianos, pois Teucro era fillo do río Escamandro e a ninfa Idaia, e foi o antepasado lendario dos troianos, polo que estes últimos a miúdo son chamados de teucrios.[8] Mais tamén Teucrium podería se referir a Teûkros, en latín Teucri, ou sexa Teucro, fillo de Telamón e Hesione e medio-irmán de Ajax, e que loitaron contra Troia durante a guerra do mesmo nome, durante a cal descubriu a planta no mesmo período en que Aquiles, segundo a lenda, descubriu a Achillea.[9]

scorodonia: epíteto derivado do grego σχόρόδον e despois do latín scorodon, -i, os dous significando "allo", pois as follas da planta son aromáticas, con algo de sabor a allo[10][11]

  • Monochilon cordifolius Dulac
  • Scorodonia heteromalla Moench
  • Scorodonia scorodonia (L.) H.Karst.
  • Scorodonia solitaria Stokes
  • Scorodonia sylvestris (Lam.) Link
  • Scorodonia trivialis Raf.
  • Scorodonia vulgaris Raf.
  • Teucrium salviifolium Salisb.
  • Teucrium sylvestre Lam.

Nomes vernáculos en galego

editar
  • A Real Academia Galega só recolle o termo seixebra, de saxifraga[12]. Outros dicionarios actuais recollen os nomes vulgares de ourego bravo ou sarxa brava pola semellanza coas tamén herbas aromáticas cultivadas[13]. Existen as variantes moi documentadas: sinxebraxinxebra [14] (en galego antigo recollida coma gingebra[15], que ás veces se confunde co xenxibre, pola semellanza do nome.
  • É tamén común o termo teudo, moi recollido en dicionarios antigos[16].
  1. Nome galego no DRAG.
  2. Diccionario Cumio da lingua galega. Vigo, Ed. do Cumio, 1999
  3. Sinónimos en galego en Termos esenciais de botánica. Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  4. "Teucrium scorodonia en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2016. 
  5. Teucrium scorodonia en The Euro+Medit PlantBase
  6. "Seixebra". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de decembro de 2013. 
  7. F. Gaffiot, Diccionaire Latin-Français, Hachette, Paris, 1934
  8. Encyclopedia Mythica: mythology, folklore, and religion
  9. Teucrium en M.L. Charters, California Plant Names: Latin and Greek Meanings and Derivations - A Dictionary of Botanical and Biographical Etymology
  10. F. Gaffiot.
  11. P. Font Quer.
  12. Nome galego normativo pola RAG.
  13. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  14. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  15. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar)
  16. X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas en El Pueblo Gallego), Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar